Marcos Serrano
Marcos Antonio Serrano Rodríguez, nado o 8 de setembro de 1972 en Chapela, Redondela, é un ciclista galego retirado.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou a súa carreira profesional en 1993 no equipo Kelme, en 1999 pasou ao ONCE-Eroski e actualmente pertence ao Liberty Seguros. Gañou a Volta a Galicia 1999 e a Volta a Castela e León 2001. Gañou a clásica Milán-Turín 2004. No Tour de Francia 2005 gañou a 18ª tirada.
No 2006 anunciou a súa fuchaxe polo equipo de ciclismo galego Karpin Galicia, dirixido por Álvaro Pino, onde rescindiu o contrato logo de dúas tempadas en branco, en xaneiro de 2008[1]. Retirouse o 8 de febreiro de 2008[2].
Palmarés [editar]
1998
1999
- 1 etapa da Volta a Galicia
- Clasificación Xeral da Volta a Galicia
2001
- Clasificación Xeral da Volta a Castela e León
2004
2005
- 1 etapa del Tour de Francia
Equipos [editar]
- 1993 - 1998 : Kelme
- 1999 - 2003 : O.N.C.E.
- 2004 - 2006 : Liberty Seguros
- 2007 : Karpin Galicia
Vida persoal [editar]
A finais de 2008 foi condenado a un ano de cárcere por un delito de homicidio por imprudencia: Serrano mandara construír un muro nunha leira sen licenza, e este derrubouse e causou unha vítima mortal[3].
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Marcos Serrano
-
Volta ciclista ó País Vasco 2005