Efecto bolboreta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto bolboreta é unha frase que sintetiza a noción máis técnica da teoría do caos que se refire á extrema influencia das condicións iniciais nun sistema complexo, en concreto nun sistema non lineal dinámico, en canto a que unhas pequenas variacións nas condicións iniciais poden producir unhas variacións moi grandes no comportamento a longo prazo do sistema. Este efecto analizouse pola primeira vez en 1963 por Edward Lorenz. A frase reférese á idea de que o bater das ás dunha simple bolboreta podería crear pequenos cambios na atmosfera que a longo prazo poderían decidir a aparición (ou desaparición) dun tornado ou dun furacán no outro lado do mundo. Así influenciarían o curso natural das cousas e, así, talvez provocar un furacán.

Teoría do Caos[editar | editar a fonte]

O Efecto bolboreta fai parte da Teoría do Caos, a cal atopa aplicacións en moitas áreas das ciencias: exactas (Enxeñaría, Física, etc), médicas (Medicina, Veterinaria, etc), biolóxicas (bioloxía, zooloxía, botánica, etc) ou humanas(Psicoloxía, Socioloxía, etc), arte ou relixión, etc, áreas convencionais e non convencionais. Así, o Efecto Bolboreta atopa tamén espazo en calquera sistema natural, ou sexa, en calquera sistema que sexa dinámico, complexo e adaptativo. Existe un filme co nome "The Butterfly Effect" (Efecto Bolboreta) facendo referencia a esta teoría.

O dinamismo do efecto bolboreta[editar | editar a fonte]

Ese tipo de sistema, cando se restrinxe a unha ou dúas variábeis e se fixan as demais, tende a ser simple e aí, soamente nesa situación non natural ou limítrofe, é onde valen as leis da ciencia clásica. Neses casos, o sistema fica máis ríxido, pechado, e o efecto bolboreta non actúa. Por esa razón foi descrito ese efecto por Edward Lorenz cando estudaba a meteoroloxía no MIT, pois a previsión do tempo é un sistema moi aberto que forma padróns dinámicos.

Unha descrición de ocorrencia do efecto bolboreta[editar | editar a fonte]

O 19 de febreiro de 1998, os computadores do sistema de previsión de tempestades tropicais dos EUA diagnosticaron a formación dunha tempestade tropical sobre Louisiana en tres días. Sobre o Océano Pacífico un meteorólogo daquela axencia descubriu que había unha pequena diferenza nas medicións executadas, e que estas poderían prever unha pequena diferenza no movemento das masas de ar. Tal diferenza foi detectada a través dun movemento do ar a maior velocidade na rexión de Alasca. En función de tal diferenza, houbo unha realimentación de datos nos computadores, e estes refixeron os cálculos, prevendo entón que a formación da tempestade tropical en Louisiana xa non ocorrería, mais agora pronosticaban a formación dun tornado de proporcións xigantescas en Orlando, na Florida, o que realmente ocorreu o 22 de febreiro de 1998.

O sumatorio do erro e a incerteza dos sistemas ríxidos[editar | editar a fonte]

A ciencia clásica está acostumada a transformar os sistemas abertos, ou sexa, os sistemas dinámicos, complexos e adaptativos, en sistemas pechados para poder aplicar as leis coñecidas que privilexian as linearidades en detrimento das non-linealidades.

Unha decisión mínima, considerada insignificante, tomada con plena espontaneidade, pode xerar unha transformación inesperada nun futuro incerto. Ese tipo de sistema cando se restrinxe a unha ou dúas variábeis, fixándose as demais, tende a ser simple e aí, soamente nesa situación non natural ou limítrofe, é que valen as leis da ciencia clásica. Neses casos, o sistema fica máis ríxido, pechado, e o efecto bolboreta non actúa. Por esa razón E. Lorenz descubriu ese efecto cando estudaba a meteoroloxía, a previsión do tempo, un sistema moito aberto que forma padróns dinámicos

O efecto bolboreta no atractor de Lorenz
tempo 0 ≤ t ≤ 30 (ampliar) coordenada z (ampliar)
TwoLorenzOrbits.jpg LorenzCoordinatesSmall.jpg
Estas figuras mostran dous segmentos da evolución tridimensional de dúas traxectorias (unha en azul, a outra en amarelo) para o mesmo período de tempo no atractor de Lorenz, comezando en dous pontos iniciais que diferen soamente en 10-5 na coordenada x. Ao comezo, as dúas traxectorias semellan coincidentes, tal como queda plasmado pola pequena diferenza entre a coordenada z de ambas as dúas traxectorias, pero para t > 23 a diferencia chega a ser tanta como o valor da traxectoria.
Unha animación Java do atractor de Lorenz mostra a evolución continua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]