Selección de rugby de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of France.svg
Francia
Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
Campión do Tri Nations
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Unión Fédération Française de Rugby
Fundación: 1919
Emblema: O Galo
Alcume: XV de Francia, les Bleus,
les Coqs, les Tricolores
Estadio: Stade de France, París (80.430)
Adestrador: Philippe Saint-André
Capitán: Thierry Dusautoir
Estrea internacional
Francia Flag of France.svg 8:38 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
1 de xaneiro de 1906
Maior vitoria
Brasil Flag of Brazil.svg 7:99 Flag of France.svg Francia
2 de xuño de 1974
Maior derrota
Nova Zelandia Flag of New Zealand.svg 61:10 Flag of France.svg Francia
9 de xuño de 1997
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 6 (primeira en 1987)
Mellor resultado 2 (1987, 2003)
Seis Nacións
Participacións 80
Mellor resultado 24 campión (8 Grand Slam)

A Selección de rugby de Francia representa a Francia en rugby. Compiten anualmente contra Escocia, Gales, Inglaterra, Irlanda e Wales no Torneo das Seis Nacións, gañando este torneo en catorce ocasións de pleno dereito, oito compartíndoo e completando oito Grand Slams.

Francia está considerada como unha das grandes potencias potencias do rubgy europeo, e están actualmente no oitavo posto da listaxe mundial de seleccións da IRB[1]. Seis antigos xogadores franceses foron incluídos no Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), sendo un deles, Philippe Sella, tamén incluído no IRB Hall of Fame.

O rugby foi introducido en Francia en 1872 polos británicos en 1872 xogando, máis de trinta anos despois en 1906, a selección francesa o seu primeiro partido. Foi un día de aninovo en París contra Nova Zelandia nun partido amistoso. O Bleus, como son popularmente coñecidos, xogaron esporadicamente contra os equipos das Home Nations até que en 1910 pasaron a formar parte do torneo das Cinco Nacións (o hoxe coñecido coma torneo das Seis Nacións). Os galos tamén comezaron a competir en outras competicións internacionais dende os seus primeiros anos, coma nos Xogos Olímpicos, conseguindo a medalla de ouro no ano 1900 en París e dúas medallas de prata respectivamente en 1920 (en Antuerpen) e en 1924 (de novo en París). En 1959 gañaron o seu primeiro Cinco Nacións de pleno dereito, gañando o seu primeiro Grand Slam no ve anos despois, en 1968. Dende a primeira Copa do Mundo de Rugby de 1987, Francia cualificouse para tódalas fases finais do torneo, chegando dúas veces até a final, perdendo contras os All Blacks en 1987 e contra Australia en 1999. Francia acolleu ademais o Mundial de 2007, onde, como en 2003, foron derrotados en semifinais contra Inglaterra.

Francia xoga tradicionalmente con camisola azul, pantalóns brancos é medias vermellas, e son coñecidos popularmente coma les tricolores ou les bleus. Porén, actualmente o seu equipamento é un conxunto totalmente azul mariño de Nike, estreado en 2007 para a Copa do Mundo. O emblema dos franceses é o Galo Dourado con crista vermella. A equipación suplente é totalmente branca. Os partidos internacionais de rugby do XV de Francia adóitanse xogar por toda a xeografía gala, pero o súa sede máis habitual é o Stade de France no suburbio parisiense de Saint-Denis, utilizado nos partidos do Seis Nacións. É preciso subliñar que xogando no Stade Vélodrome de Marsella a selección só perdeu un partido na súa historia, en 2004 contra Arxentina.

Historia[editar | editar a fonte]

O Rugby foi introducido en Francia por comerciantes e estudantes en 1872[2]. Aínda que nos Xogos Olímpicos de 1900 a representación francesa logrou a medalla de ouro (ante os equipos do Reino Unido e do Imperio Alemán)[3], o seu primeiro partido internacional non tivo lugar até o día de aninovo de 1906, cando se enfrontou á selección de Nova Zelandia[4].

En 1910 tivo lugar a súa inclusión no Torneo das Cinco Nacións. En 1913 enfrontouse á selección de Sudafrica (os Springboks) por primeira vez, perdendo 38 a 5[5]. Ao longo da década dos anos 20 Francia lograría dúas medallas de prata olímpicas ao perder as finais dos Xogos de 1924 e 1928 fronte á selección de Estados Unidos.

En 1932 Francia foi expulsada do Torneo das Cinco Nacións, dado que se acusaba á liga Francesa de contar con xogadores profesionais nun momento no que o rugby era estritamente amateur[6][7]. En 1939 volveu ser convidada a formar parte do Torneo 5 Nacións, pero non competiu até 1947 debido á Segunda Guerra Mundial.

O rugby francés sufriu un espectacular desenvolvemento nas décadas de 1950 e 1960. En 1954 logrou o seu primeiro título do Cinco Nacións empatada con Inglaterra e Gales[8], logrando o seu primeiro título en solitario en 1959 ao vencer tres partidos e empatar o restante fronte a Inglaterra.

En 1958 Francia converteuse no primeiro país en vencer a Sudáfrica nunha serie. En 1961 realizou unha xira por Nova Zelandia e Autralia perdendo os dous partidos fronte aos All Blacks pero vencendo aos australianos (Wallabies). En 1968 alzouse co seu primeiro Grand Slam do Cinco Nacións. Na década dos 70 o Rugby francés continuou coa súa progresión e alzouse co seu segundo Grand Slam en 1977. Así mesmo ese ano lograron a súa primeira vitoria fronte aos All Blacks ao vencerlles nun encontro disputado en Tolosa, aínda que perderían o partido de volta en París[9]. E por fin o día da Bastilla de 1979 a selección francesa logrou bater aos All Blacks en Nova Zelandia.

A década dos 80 comezou coa consecución do terceiro Grand Slam, ao vencer a Inglaterra en Twickenham. En 1987 lograron o seu cuarto Grand Slam e acadaron o Subcampionato Mundial na primeira edición da Copa do Mundo de Rugby ao perder fronte a Nova Zelandia (29 a 9) en Eden Park, Auckland.

Francia acolleu algúns partidos da Copa do Mundo de 1991, mais foi eliminada ao perder en cuartos de final fronte a Inglaterra. Na Copa do Mundo de 1995, e tras partir como unha das favoritas tras a súa xira por Nova Zelandia en 1993 (dúas vitorias por cero derrotas) acadou as semifinais onde foi derrotada pola selección anfitrioa e finalmente campioa, Sudáfrica. No partido polo terceiro posto vencería a Inglaterra. En 1998 e 1999 conseguiron dous Grand Slam consecutivos no Cinco Nacións e na Copa do Mundo de 1999 caeron na final fronte a Australia.

No ano 2000 o Torneo Cinco Nacións pasou a chamarse das Seis Nacións tras a inclusión de Italia. En 2002, 2006 e 2007 lograron o Grand Slam e na Copa do Mundo de 2003 perderon fronte a Inglaterra en semifinais.

Os símbolos[editar | editar a fonte]

O Galo sobre a camisola azul do XV de Francia

O Galo[editar | editar a fonte]

Antes de 1912 a camisola do XV de Francia non era azul e aínda non levaba o símbolo do galo, esta era branca é levaba unha especie de emblema con dous aneis, un vermello e outro azul. Tratábase do emblema da Union des sociétés françaises de sports athlétiques ou USFSA (Unión das sociedades francesas de deportes atléticos).

Despois da primeira vitoria dos franceses contra Escocia en 1911, Marcel Communeau, entón capitán do equipo, requiriu aos seus compañeiros que levasen ao Galo Dourado como emblema da Francia[10]. Porén, a orixe da utilización do Galo coma símbolo do equipo é máis antiga, xa que Jean Rigal, un antigo xogador de fútbol, levou ese emblema en maio de 1910 nun partido contra Italia, máis tarde doando o seu símbolo ao Museo Nacional do Deporte de Francia. O galo foi elixido xa que era un símbolo de Francia dende fai moito tempo, despois de que os romanos, na Antigüidade, se deran conta de que na súa lingua coq (galo) e Gaulois (dourado) se designaban coa mesma verba, gallus. A identificación perdurou co tempo, sen que os franceses se sentisen ofendidos, xa que o galo é un animal orgulloso, combativo e ás veces agresivo. Como anécdota dicir que a uns minutos do final dun partido Francia - Inglaterra dos anos sesenta no que, aínda que o resultado favorecía aos galos por 13 a 12, estaban pasando por uns intres finais moi difíciles e entón, o pilier Aldo Gruarin, chamou ao orgullo dos seus compañeiros dicindo:

Ho! Sur la poitrine, c'est un coq qu'on porte! C'est pas une pintade! Alors chantez!

O emblema é inicialmente branco e vermello, e pasa a ser con bordados multicolores a partir de 1945 e dourado dende os anos setenta do século XX[11]. A representación do galo inicialmente é realista e detallada, pero a imaxe foise simplificando e estilizando cos anos.

O equipamento[editar | editar a fonte]

A selección de Francia xogou dende despois dos comezos do século XX cunha camisola azul, pantalón albo e medias vermellas. Por está razón os seus xogadores son alcumados les Bleus (os Azuis). Esta elección da cor supuxo un problema inicialmente cos escoceses xa que tiñan que abandonar á súa cor tradicional, o azul mariño, nos partidos disputados en Escocia. Hoxe en día, cando sexa preciso (partidos a domicilio contra outros equipos que que vistan de azul, coma Escocia e Italia por exemplo), os xogadores franceses levan a camisola de cor branca.

A partir do século XXI as cores de Francia sufriron dous grandes trocos. En 2003, o pantalón, branco até o momento pasou a ser azul. Despois de 2007, o azul, antes azul real, escureceuse e pasou a ser azul media noite estendéndose a cor tamén aos pantalóns e ás medias. A roupa está elaborada actualmente pola compañía americana Nike, dende 1999 a 2012.

Estadios representativos dos Bleus[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Stade de France.
Francia fronte aos All Blacks no Stade de France situado en Saint-Denis, (París).

Os primeiros anos nos que a Selección francesa disputou partidos internacionais, estes xogáronse en lugares coma o Parc des Princes ou o Stade Olympique du Colombes (hoxe Stade Olympuque Yves du Manoir) ambos en París. Actualmente a selección adoita xogar os seuspartidos de gala no Stade de France, con capacidade para 80.000 persoas, e que acolle os partidos do Torneo das Seis Nacións. Mais os Bleus xogan en outros moitos estadios repartidos por toda a xeografía gala, por exemplo durante as tempadas de 2005 e 2006 Francia xogou partidos internacionais en estadios como o Stade Gerland de Lión, Stade Vélodrome de Marsella, Stade da Beaujoire de Nantes e o Stadium Municipal de Tolosa.

En canto a partidos da Copa do Mundo de Rugby, até en tres ocasión xogáronse partidos en Francia. En 1991, mundial organizado por Inglaterra, celebráronse partidos correspondentes ao Grupo D (no que se atopaba incluída Francia) en distintas localidades francesas como Béziers, Baiona, Grenoble, Tolosa, Brive-la-Gaillarde e Agen. O Parc des Princes (París) e o Estadio Metropolitano (Lille) acolleron un partido de cuartos de final cada un.

Na Copa do Mundo de 1999 organizada por Gales, Francia volveu acoller algúns partidos, en concreto os correspondentes ao grupo C, que se celebraron en diversas localidades como Béziers, Bordeos e Tolosa, ademais un partido da segunda rolda xogouse no Stade Félix Bollaert de Lens e de cuartos de final no Stade de France.

No Mundial de 2007, organizado por Francia, os partidos disputáronse en dez cidades francesas distintas Bordeos (Estadio Chaban-Delmas), Lens (Estadio Félix Bollaert), Lión (Estadio Gerland), Marsella (Estadio Vélodrome), Montpellier (Estadio da Mosson), Nantes (Estadio da Beaujoire), París (Stade de France e Parc des Princes), Saint-Étienne (Estadio Geoffroy-Guichard) e Tolosa (Estadio de Tolosa). Disputándose a final no Stade de France.

Rexistros[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Participacións de Francia na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia e Flag of Australia.svg Australia Segundo
1991 Flag of England.svg Inglaterra[12] 1/4 finalista
1995 Flag of South Africa.svg Sudáfrica Terceiro
1999 Flag of Wales.svg País de Gales[13] Segundo
2003 Flag of Australia.svg Australia Cuarto
2007 Flag of France.svg Francia[14] Cuarto

Seis Nacións[editar | editar a fonte]

  Flag of Scotland.svg
Escocia
Flag of France.svg
Francia
Flag of Wales.svg
Gales
Flag of England.svg
Inglaterra
IRFU flag.svg
Irlanda
Flag of Italy.svg
Italia
Torneos 115 80 115 113 115 10
Vitorias (compartidas) 14 (8) 16 (8) 24 (11) 25 (10) 11 (8) 0 (0)
Grand Slam 3 8 10 12 2 0
Triple Coroa 10 N/A 19 23 10 N/A

Rexistros de xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos coa selección[editar | editar a fonte]

Fabien Pelous

A listaxe seguinte recoller os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección francesa[15]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalas que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. O xogador que máis partidos xogou até o momento cos Bleus é Fabien Pelous con 118 convocatorias, o que o converten no segundo xogador con máis partidos coa súa selección da historia. En negra xogadores en activo coa selección francesa.

  1. Fabien Pelous - 118
  2. Philippe Sella - 111
  3. Raphaël Ibañez - 98
  4. Serge Blanco - 93
  5. Olivier Magne - 86
  6. Abdelatif Benazzi - 78

Máis ensaios[editar | editar a fonte]

Christophé Dominici

Serge Blanco é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Francia[16]. O xogador en activo con máis ensaios coa selección francesa é Aurélien Rougerie con 21, ocupando o oitavo posto na clasificación histórica.

  1. Serge Blanco - 38
  2. Philippe Saint-Andre - 32
  3. Philippe Sella - 31
  4. Philippe Bernat-Salles - 26
  5. Émile N'Tamack - 26
  6. Christophé Dominici - 25

Puntos[editar | editar a fonte]

O record de puntos marcados posúeo Christophe Lamaison con 380 puntos[17].

  1. Christophe Lamaison - 380
  2. Thierry Lacroix - 367
  3. Didier Camberabero - 354
  4. Gérald Merceron - 267
  5. Jean-Pierre Romeu - 265
  6. Dimitri Yachvili - 258

Notas[editar | editar a fonte]