Selección de rugby de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Portugal.svg
Portugal
Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
Campión do Tri Nations
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Unión Federação Portuguesa de Rugby
Fundación: 1926
Emblema:
Alcume: Os Lobos
Estadio:
Adestrador: Flag of Portugal.svg Tomaz Morais
Capitán: João Correia
Estrea internacional
Portugal Flag of Portugal.svg 5:6 Flag of the Second Spanish Republic.svg España
Lisboa (Portugal) 13 de abril de 1935
Maior vitoria
Portugal Flag of Portugal.svg 55:11 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
24 de novembro de 1996
Maior derrota
Nova Celandia Flag of New Zealand.svg 108:13 Flag of Portugal.svg Portugal
15 de setembro de 2007
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 1 (primeira en 2007)
Mellor resultado Ningún partido gañado, un punto de bonus defensivo.

A Selecção Portuguesa de Râguebi, tamén coñecida coma Os Lobos representa a Portugal nas competicións internacionais desta modalidade deportiva. O seu primeiro partido foi desputado en 1935.

Nos últimos anos Portugal ten acadado resultados de relevo, coma victoria no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004, ou a participación na fase final da Copa do Mundo de Rugby 2007. Estes bos resultados permitiron que a selección ascendese, a mediados de 2005, ao 16º lugar do ránking mundial da IRB.

A selección portuguesa atópase actualmente no 21º lugar do ránking da IRB, formando parte do grupo de países incluídos na terceira división do rugby a nivel mundial.

Competicións[editar | editar a fonte]

Torneo Europeo das Nacións[editar | editar a fonte]

Portugal teve sucesso inesperado ao vencer o Torneio Europeu das Nações de 2002-2004. Os portugueses mantiveron os bos resultados nos anos seguintes, tendo acabado en terceiro lugar na edición de 2004-2006, o que abriu o camiño para o acesso, por primeira vez, á Copa do Mundo de Rugby de 2007. Portugal participa na edición 2008-10, que permite igualmente a clasificación para o Campionato do Mundo de 2011 en Nova Zelandia.

Ano X V E D +/- Pts Pos
2000 4 1 0 3 65-97 5 4.º
2001 5 1 0 4 77-165 7 5.º
2001-02 10 3 0 7 170-295 16 5.º
2003-04 10 9 0 1 245-180 28 1.º
2005-06 10 6 1 3 23 3.º
2007-08 10 3 0 7 174-196 20 5.º

Copa das Nacións[editar | editar a fonte]

Portugal participou en 2006 na primeira edición da Copa das Nacións da IRB, enfrontándose á Rusia, á Arxentina A e á Italia A. A Copa das Nacións da IRB é un evento anual de nivel medio organizado pola IRB con seleccións internacionais.

Partidos de Portugal:

Os partidos foron desputados no Estádio Universitário de Lisboa.

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Partido entre Italia e Portugal na Copa do Mundo de 2007

Portugal clasificouse por primeira vez, e de xeito sorprendente para a Copa do Mundo de rugby de 2007, organizada por Francia e Gales, logo de ser repescada tras vencer ás seleccións de Marrocos e Uruguay.

Partidos de Portugal:

Partidos Internacionais de Novembro[editar | editar a fonte]

Ao igual que a meirande parte das seleccións da modalidade, a Selección Portuguesa de Rugby desputa partidos amigables de preparación fronte a seleccións do hemisferio Sur. Durante o mes de Novembro de 2009. Os partidos internacionais, designados "Super Bock Cup", tiveron lugar no Estádio Universitário de Lisboa. Os resultados foron os seguintes:

Ligazóns[editar | editar a fonte]