Stade Vélodrome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stade Vélodrome
Stade Vélodrome OM-ManUTD 57957spectateurs.jpg
Stade Vélodrome
Datos
Localización Marsella, Francia
Construción
Inauguración 1937
Renovación 1971, 1983, 1998
Arquitecto Henri Ploquin, Jean-Pierre Buffi (1998)
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105x68 m
Capacidade 60.031
Propietario Ville de Marseille
Localía Olympique de Marsella (Ligue 1)
Eventos

O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco mais de 60.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

Mundial de Fútbol 1938[editar | editar a fonte]

No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.

Eurocopa de Fútbol 1960[editar | editar a fonte]

A Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.

Eurocopa de Fútbol 1984[editar | editar a fonte]

Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.

Mundial de Fútbol 1998[editar | editar a fonte]

No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha gran importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.

Copa do Mundo de Rugby 2007[editar | editar a fonte]

Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.

Eurocopa de Fútbol 2016[editar | editar a fonte]

O Stade Vélodrome foi elexido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]