Torneo das Seis Nacións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Torneo das Seis Nacións
Fundación1882
RexiónSelección de rugby de Escocia Escocia
Selección de rugby de Francia Francia
Selección de rugby de Gales Gales
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra
Selección de rugby de Irlanda Irlanda
Selección de rugby de Italia Italia
Equipos6
Actual campiónSelección de rugby de Inglaterra Inglaterra (38º título)
Máis laureadoSelección de rugby de Inglaterra Inglaterra (38 títulos)
Sitio webrbs6nations.com
Seis Nacións 2020

O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.

O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa[1]. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).

Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).

Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.

As Seis Nacións[editar | editar a fonte]

Formato[editar | editar a fonte]

Localización das Seis Nacións participantes

Xogado anualmente, o formato do Campionato é sinxelo: cada equipo xoga contra o resto unha vez, alternando a vantaxe de campo dun ano ao seguinte. Por cada vitoria obtéñense dous puntos, un por empatar e ningún por unha derrota. Ao contrario que noutras competicións de rugby o sistema de puntuación por bonificación non se usa (o sistema de bonificación consiste en 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 1 punto de bonificación por acadar 4 ou máis ensaios e outro punto por perder por 7 ou menos puntos).

Acadando a vitoria en cada partido conséguese o "Grand Slam". De ida e volta (dous anos consecutivos, xa que se alternan os partidos de casa e fora dun ano ao outro) o Grand Slam foi soamente obtido en cinco ocasión por Gales en 1908/1909, Inglaterra en 1913/1914, 1923/1924 e 1991/1992 e Francia en 1997/1998. Inglaterra posúe o maior número de Grand Slam con 12, seguido de Gales con 10, Francia con 8, Escocia con 3 e Irlanda con 2.

A vitoria dunha das Home Nations (é dicir Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda) sobre as outras é a Tripla Coroa. A Triple Crown este trofeo só foi acadado catro veces consecutivas en dúas ocasións, unha por Gales en 1976, 1977, 1978 e 1979 e outra por Inglaterra en 1995, 1996, 1997 e 1998. Inglaterra posúe o maior número de Triplas Coroas con 23, seguido por Gales con 19, Escocia con 10 e Irlanda. Aínda que este trofeo leva celebrándose durante moito tempo coma unha característica do Torneo, non foi até 2006 cando pasou a posuír un trofeo físico, encargado polo Royal Bank of Scotland.

Ao final do torneo o equipo que termina o torneo de último dise que gaña a Culler de Madeira (ás veces considerase que se "gaña" este trofeo só se remata o torneo sen que ese equipo venza ningún partido, pero isto sería máis ben o whitewash).

Outras varias competicións individuais toman lugar neste Torneo. A competición regular máis vella é a Calcutta Cup, que gaña o vencedor do partido entre Escocia e Inglaterra dende 1879. Chámase de Copa de Calculta xa que está feita dun fundido de rupias Indias. Dende 1988, o Millennium Trophy entrégase ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda. A partir de 2007, Francia e Italia teñen tamén o seu propio trofeo: o Torfeo Giuseppe Garibaldi, que foi creado polo 200 aniversario do heroe italiano que axudou á unificación do estado italiano, Giuseppe Garibaldi, nacido en Nizza en 1807; cidade que se converteu na actual cidade francesa de Niza en 1859.

Antes de 1994, os equipo que remataban cos mesmos puntos compartían o campionato. Despois dese ano os empates rómpense considerando a diferenza de puntos (puntos acadados nos partidos) entre os dous equipos. O regulamento do campionato di ademais que en caso de novo empate a puntos, gaña o equipo que acade máis ensaios. Se aínda persiste o empate o equipos afectados comparten o campionato[2]. Porén, até o día de hoxe, os puntos por vitorias e os puntos acadados nos partidos foron de abondo para decidir o campionato.

Historia[editar | editar a fonte]

O Torneo das seis Nacións toma a substitución do torneo das cinco nacións, quen á súa vez era herdeiro dun torneo entre catro equipos. Dende 1996, o Torneo outorga oficialmente (ata entón era oficioso) o título de Campión de Europa de Rugby. Como manda a tradición, os antigos trofeos como a Copa Calcuta (que se disputa entre Inglaterra e Escocia) e a Tripla Coroa (que se outorga ao equipo británico que se impoña aos outros tres) séguense disputando. Moito máis recentes son o Millenium Trophy, que premia ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda e o Trofeo Eurostar para o vencedor do partido entre Francia e Inglaterra. Ademais, o grand slam é a guinda do pastel do vencedor do torneo: o obtén o equipo que gaña todos os partidos; pola contra, a culler de madeira é a triste recompensa virtual do equipo que perde todos os partidos.

O Torneo sufriu algunhas crises forzadas polo problema irlandés. Ademais da interrupción da competición en 1972 tralo masacre de Londonderry, acordouse non volver interpretar o himno God Save the Queen durante a presentación dos equipos ao longo dun cuarto de século. Para non irritar aos ingleses tampouco se interpretou A Marsellesa antes dos partidos que Francia disputaba en Dublín. Para compensar tampouco se interpretaba o himno irlandés nos desprazamentos do equipo do trevo. Non se volveu á normalidade ata 1997.

Malia ser vítima da súa contorna, o Torneo presenta unha cara moito máis positiva con todos os afeccionados que se desprazan aos partidos. A tradición do chamado terceiro tempo (no que os afeccionados -e os propios xogadores- celebran a vitoria ou lamentan a derrota ás veces con máis alcol do conveniente) dá unha imaxe alegre deste deporte. Algúns destes terceiros tempos do Torneo que sempre reúnen aos xogadores de ambos equipos fixeron historia. Trala profesionalización deste deporte, a mediados dos 90, os xogadores están menos dispostos a estas celebracións.

  • 1883 : Primeira edición da competición integrando aos catro equipos británicos: Irlanda, Escocia, País de Gales e Inglaterra.
  • 1910 : Admítese a Francia no Torneo.
  • 1931 : Francia é excluída, acusada de profesionalismo.
  • 1947 : Renóvase o Torneo trala segunda guerra mundial con Francia.
  • 1996 : O Torneo convértese (oficialmente) en Campionato de Europa de Rugby. Dende ese momento os títulos non se comparten en caso de igualdade a puntos; a clasificación prima a mellor diferenza entre puntos marcados e puntos encaixados.
  • 2000 : O equipo de Italia únese ao Torneo.

Tradicións e aspectos festivos[editar | editar a fonte]

A pesar dalgunhas dificultades pasaxeiras, o Torneo é un grande acontecemento deportivo e unha cita co bo humor dos fieis seareiros. Un partido do Torneo comeza moito antes do saque inicial, principia cando os fans comezan unha xira polos seis países implicados nesta vella competición. O desprazamento adoita efectuarse en grupo e os seguidores non dubidan en facer grandes viaxes para asistir aos partidos[3] incluso se son retransmitidos pola televisión.

O partido comeza tradicionalmente cos himnos nacionais que cantados de xeito moi fervoroso polos seareiros de cada equipo[4] e remata, sexa cal sexa o resultado, ben entrada a tarde ou incluso até o día seguinte nos pubs ou nos bistrós (pequenas cafetarías).

Para os seareiros que non teñen a oportunidade de asistir ao partido no estadio, esta é a unha ocasión de xuntarse na casa cos amigos ou nun pub. Sen que sexa por chauvinismo ou por un exceso de nacionalismo, unha gran parte dos seguidores levan as cores dos seus equipos, píntanse a face ou cantan populares cancións para dar folgos aos seus xogadores, como por exemplo o Swing Low, Sweet Chariot dos ingleses[5][6]. Esta canción foi adoptada polos seareiros da Rosa o 19 de marzo de 1988 con ocasión dun encontro entre Inglaterra e Irlanda. Os ingleses ían perdendo por 0 a 3 no descanso, mais tomaron vantaxe na segunda metade mentres os seguidores cantaban espontaneamente o Swing Low, Sweet Chariot e acabouse convertendo no canto de carraxe para os seareiros ingleses[7]. Do mesmo xeito por exemplo, os franceses interpretan a Marsellesa para dar folgos ao seu equipo, os Bleus[8].

O fenómeno hooligan (seareiros violentos), que se adoita manifestar en competicións de fútbol, non existe no deporte do rugby, sendo totalmente o contrario, producíndose encontros amigábeis entre os seguidores de tódolos equipos.

A práctica ritual do terceiro tempo tanto polos seguidores coma polos xogadores é unha verdadeira institución no rugby, do que se di que non é tal sen esta tradición. Os terceiros tempos reúnen despois dos partidos xa sexa a seguidores ou a xogadores para ir pasalo ben todos xuntos entre os dous equipos despois do duro partido. Os terceiros tempos do Seis Nacións do Torneo xuntan aos xogadores dos dous equipos, algúns destes pasando ao anais da historia[9].

O Torneo é agardado cada ano con moito interese xa que se produce entre o inverno e a primavera, época do ano na que non hai tantas grandes competicións deportivas, a excepción dos Xogos Olímpicos de inverno cada catro anos.

Estadios e espectadores[editar | editar a fonte]

Os estadios do Torneo[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2000, a selección de Gales xogou os seus partidos como local no Cardiff Arms Park. O primeiro partido internacional disputado no Cardiff Arms Park tivo lugar fronte á selección de Irlanda o 12 de abril de 1884 ante 5.000 espectadores. O combinado galés xogou tamén os seus partidos internacionais nos estadios de Swansea, Newport e Llanelli.[10]

Anteriormente, entre 1872 e 2006, a selección de Irlanda disputou os seus partidos como local en Lansdowne Road, en Dublín, un estadio con capacidade para 49.000 espectadores e que foi demolido en 2007.[11][12] Con todo, a reconstrución do estadio levou ao equipo a xogar de xeito provisional entre 2007 e 2010 no estadio de Croke Park, propiedade da Asociación Atlética Gaélica (coñecida polas súas siglas en inglés, GAA), onde se xogan habitualmente os partidos de fútbol gaélico e hurling, e que ten capacidade para 82.300 espectadores, converténdose durante ese período no maior estadio do torneo. Coa apertura en maio de 2010 do Aviva Stadium na localización do anterior Lansdowne Road, o combinado irlandés pasou a disputar os seus partidos como local no novo estadio.

Dende o seu ingreso no Seis Nacións a selección Italiana disputou os seus partidos no Stadio Flaminio da capital italiana, un estadio con capacidade para 30.000 espectadores.[13] A finais dos anos 2000, o aumento da popularidade do rugby en Italia fixo que o Stadio Flaminio tornárase menos viable como estadio local do combinado italiano. A medida que se achegaba o ano 2010, especulárase con que os partidos como local de Italia no Seis Nacións serían disputados en estadios de fútbol como o Stadio Olimpico en Roma ou no norte o país, onde o rugby é máis popular. O Stadio Luigi Ferraris en Xénova (42.000 espectadores) foi o principal estadio proposto como alternativa. Anunciáronse melloras no Stadio Flaminio, destinadas a aumentar a súa capacidade dende os 32.000 aos 42.000 espectadores, aparentemente aumentando as probabilidades de que o rugby permanecera no Stadio Flamino, aínda que seguía a estar entre os estadios máis pequenos do torneo.[14] Con todo, a cidade de Roma, propietaria do Flaminio, atrasou as renovacións prometidas, levando á Federación Italiana de Rugby (FIR) a perder a paciencia coa cidade. En abril de 2011, anunciouse que a FIR trasladaría os seus partidos como local ao Stadio Artemio Franchi de Florencia.[15] Entón a cidade de Roma comezou a renovación do Flaminio, o que presumiblemente levou á FIR a anunciar en xullo dese mesmo ano que mantería os partidos como local na cidade no Stadio Olimpico.[16] A FIR tamén anunciou que planea regresar ao Flaminio unha vez estea completado o proxecto.[17]

En novembro de 2010, a Federación Francesa de Rugby (FFR) anunciou que planeaba construír un novo estadio da súa propiedade na rexión de París.[18] A frustración da FFR con diversos aspectos da utilización do Stade de France medrara: non só polo alto custo do alugueiro, senón tamén a irritación por non ter prioridade á hora de programar partidos – coa posible excepción do propio Seis Nacións.[19] En xuño de 2012, a FFR anunciou a localización do seu novo estadio – provisionalmente denominado Grand Stade FFR – nos suburbios do sur de París. O lugar estaba situado a 25 km do centro da capital francesa.[20] O estadio con capacidade para 82.000 espectadores, con teito retráctil e campo deslizante, tería sido construído sobre unha antiga pista de carreiras de cabalos en Évry. O novo estadio, cun custo estimado de 600 millóns de euros, debía abrir as súas portas en 2017.[19] O proxecto foi cancelado en decembro de 2016 logo de que Bernard Laporte fora elixido presidente da FFR.[21]

En 2017, os partidos do Seis Nacións disputáronse nos seguintes estadios:

Escocia Edimburgo Francia Saint-Denis Gales Cardiff InglaterraLondres Dublín Italia Roma
Murrayfield Stadium Stade de France Principality Stadium Twickenham Stadium Aviva Stadium Stadio Olimpico
Capacidade: 67.144 Capacidade: 81.338 Capacidade: 74.500 Capacidade: 82.000 Capacidade: 51.700 Capacidade: 72.698

Presenza nos estadios[editar | editar a fonte]

O estadio de Murrayfield, onde se rexistrou a maior entrada a un partido do Seis Nacións en 1975.

O Torneo das Seis Nacións de 2006 tivo unha media de 56.084 asistentes, sendo a competición disputada entre nacións que ten, de media, o meirande número de espectadores[22]. Superando ao Mundial de Fútbol Alemaña 2006 con 52.401 espectadores e ao Tri Nations con 45.211 espectadores en 2006.

O maior número de espectadores nun partido do Torneo é de 104.000, este fito foi un 1 de marzo de 1975 en Murrayfield (Escocia) para un partido entre Escocia e Gales[23], partido que finalmente rematou coa vitoria dos locais sobre o XV do Dragón por 12 a 10, permitindo que na última xornada do torneo os escoceses aínda tivesen oportunidade de gañar o torneo, aínda que a súa derrota contra Inglaterra no seguinte partido frustrou as súas esperanzas, gañando finalmente os do País de Gales. Despois desta data a capacidade do estadio de Murrayfield reduciuse para unha mellora seguridade dos espectadores.

O Torneo das Seis Nacións rexistra altos índices de afluencia aos estadios, con asistencias medias entre os 60.000 e os 70.000 espectadores, e afluencias que teñen superado o millón de espectadores nos estadios. A seguinte táboa amosa os rexistros de afluencia aos estadios durante o torneo dende o ano 2000 ata 2015:[24]

Equipo 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Selección de rugby de Escocia Escocia 144.500 177,208 133.062 180.739 133.824 192.507 127.500 185.584 135.487 183.000  132.578  165.805  134.344  184.397 134.244 129,332
Selección de rugby de Francia Francia 234.810 158,000 224.978 152.000 238.533 158.250 238.000 160.000 239.284 144.660  238.001  161.135  234.759  156.996 157.463 158.814
Selección de rugby de Gales Gales 217.500 144,500 205.400 142.227 218.913 148.717 222.211 148.691 223.490 148.625  218.524  148.509  215.374  147.334 213.607 147.765
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra 148.500 225,000 150.000 226.000 147.200 222.000 140.000 246.000 164.000 170.888  162.960  245.037  161.331  244.518 163.196 164.345
Selección de rugby de Irlanda Irlanda 120.000 96,500 146.694 98.000 140.750 98.250 148.500 163.911 224.621 164.300  239.339  102.000  153.000  102.000 154.045 102.400
Selección de rugby de Italia Italia 54.000 91,973 59.000 62.500 49.840 80.252 49.946 74.919 88.000 86.050  63.876  93.000  126.057  205.247 122.750 124.827
TOTAL 919.310 893,181 919.134 861.466 929.060 899.976 926.157 979.105 1.074.882 897.523 1.055.278  915.486  1.024.865  1.040.492  945.305 827.483

A asistencia media aos partidos do torneo dende 2000 ata 2015 foi a seguinte:

Equipo 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Selección de rugby de Escocia Escocia 72.250 59.069 66.531 60.246 66.912 64.169 63.750 61.861 67.744 61.000  66.289  55.268  67.172  61.466 67.122 64.666
Selección de rugby de Francia Francia 78.270 79.000 74.993 76.000 79.511 79.125 79.333 80.000 79.761 72.330  79.334  80.568  78.253  78.498 78.732 79.407
Selección de rugby de Gales Gales 72.500 72.250 68.467 71.114 72.971 74.359 74.070 74.346 74.497 74.313  72.841  74.255  71.791  73.667 71.202 73.883
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra 74.250 75.000 75.000 75.333 73.600 74.000 70.000 82.000 82.000 56.963  81.480  81.679  80.666  81.506 81.598 82.173
Selección de rugby de Irlanda Irlanda 40.000 48.250 48.898 49.000 46.917 49.125 49.500 81.956 74.874 82.150  79.780  51.000  51.000  51.000 51.348 51.200
Selección de rugby de Italia Italia 27,000 30.658 29.500 20.833 24.920 26.751 24.973 24.973 44.000 28.683  31.938  31.000  63.029  68.416 61.375 62.414
TOTAL 61.287 59.545 61.276 57.431 61.937 59.998 61.744 65.274 71.659 59.835 70.352  61.032  68.324  69.366  67.522 68.957

Palmarés masculino[editar | editar a fonte]

  Escocia Francia Gales Inglaterra Irlanda
Italia
Participacións 123 88 123 121 123 18
Vitorias (vitorias compartidas)
Home Nations 10 (3) NA 7 (4) 5 (4) 4 (4) NA
Five Nations 5 (6) 12 (8) 15 (8) 17 (6) 6 (5) NA
Six Nations 0 5 4 6 3 0
Total 15 (9) 17 (8) 26 (12) 28 (10) 13 (9) 0 (0)
Grand Slams
Home Nations 0 NA 2 0 0 NA
Five Nations 3 6 6 11 1 NA
Six Nations 0 3 3 2 1 0
Total 3 9 11 13 2 0
Triplas Coroas
Home Nations 7 NA 6 5 2 NA
Five Nations 3 NA 11 16 4 NA
Six Nations 0 NA 3 4 4 NA
Total 10 NA 20 25 10 NA
Culleres de pau (último clasificado)
Home Nations 8 NA 8 11 15 NA
Five Nations 21 17 12 14 21 NA
Six Nations 4 1 1 0 0 12
Total 33 18 21 25 36 12


Trofeos[editar | editar a fonte]

Aos equipos[editar | editar a fonte]

Trofeo do torneo[editar | editar a fonte]

O equipo de Irlanda erguendo o trofeo en 2009

En 1993 púxose en xogo un trofeo para premiar ao equipo gañador do Torneo. O capitán francés Jean-François Tordo foi o primeiro en alzalo. En 2015, o capitán irlandés Paul O'Connell alzou o novo trofeo do Torneo. O trofeo, deseñado polo xoieiro inglés Thomas Lyte, está feito en prata, formando un hexágono (cada cara simboliza unha nación), e componse de 7 quilos de prata e unha altura de 75 centímetros[25]

Tripla Coroa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Tripla Coroa (rugby).

A Tripla Coroa é o trofeo entregado ao equipo que se impón nun minicampionato a catro entre Escocia, Gales, Ingraterra e Irlanda (que é o torneo británico preexistente á admisión de Francia en 1910 e posteriormente de Italia en 2000). Inglaterra conquistou a primeira Tripla Coroa en 1883, aínda que foi Irlanda o primeiro equipo que gañou usando esta expresión, inventada por un xornalista de The Irish Times en 1894 . Ata 2006 non existía un premio físico para o equipo gañador, foi precisamente ese ano cando se creou un trofeo físico para o equipo que conseguira a Tripla Coroa.[26]

Grand Slam[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Grand Slam (rugby).

Do mesmo xeito, o Grand Slam é a guinda do pastela para todos os equipos gañadores do torneo: trátase de derrotar a todos os seus opoñentes. Se ben non é un trofeo propiamente dito, o termo Grand Slam emprégase no Torneo para designar ao equipo que gañou todos os seus partidos durante unha edición. O termo foi introducido por primeira vez en 1957 por un xornal inglés, con ocasión da vitoria total do equipo de Inglaterra.[27]

Outros trofeos[editar | editar a fonte]

Culler de pau[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Culler de pau.

A culler de pau é un « anti-trofeo », outorgado, segundo as fontes, ao equipo que perdeu todos os seus partidos nunha edición do Torneo, ou o que finalizou na derradeira posición na clasificación xeral.[a].

Selección Culleres de pau
con todos os partidos perdidos
% culleres / Torneos disputados Edicións
Selección de rugby de Irlanda Irlanda 16 13,1 % 1884, 1885, 1886, 1891, 1895, 1909, 1920, 1934, 1938, 1960, 1977, 1981, 1984, 1986, 1992, 1998
Selección de rugby de Escocia Escocia 16 13,1 % 1902, 1911, 1914, 1932, 1936, 1939, 1947, 1952, 1953, 1954, 1968, 1978, 1985, 2004, 2012, 2015
Selección de rugby de Francia Francia[b] 8 8,0 % 1910, 1912, 1913, 1914, 1925, 1926, 1929, 1957
Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra 7 5,8 % 1899, 1901, 1903, 1905, 1907, 1972, 1976
Selección de rugby de Gales Gales 7 5,7 % 1886, 1889, 1892, 1937, 1990, 1995, 2003
Selección de rugby de Italia Italia[c] 7 38,8 % 2001, 2002, 2005, 2009, 2014, 2016, 2017

Nota: o Home Nations Championship 1883, no que Gales e Irlanda perderon os seus dous partidos pero non xogaron entre eles non se inclúe, xa que non se completou a competición.

Trofeos aos xogadores[editar | editar a fonte]

Dende 2004 entrégase o trofeo ao xogador máis destacado do torneo, escollido pola votación do público. O primeiro xogador en recibir o galardón foi o irlandés Gordon D'Arcy, mentres que o tamén irlandés Brian O'Driscoll, con tres galardóns, é o xogador que máis veces conseguiu o premio. Os xogadores irlandeses son os que máis veces conseguiron o trofeo, cun total de seis galardóns conquistados por catro xogadores distintos. En 2017 ningún xogador francés conseguira alzar o trofeo.[36][37]

Xogador do torneo
Ano Gañador
2004 Irlanda Gordon D'Arcy
2005 Gales Martyn Williams
2006 Irlanda Brian O'Driscoll
2007 Irlanda Brian O'Driscoll
2008 Gales Shane Williams
2009 Irlanda Brian O'Driscoll
2010 Irlanda Tommy Bowe
2011 Italia Andrea Masi
2012 Gales Dan Lydiate
2013 Gales Leigh Halfpenny
2014 Inglaterra Mike Brown
2015 Irlanda Paul O'Connell
2016 Escocia Stuart Hogg
2017 Escocia Stuart Hogg

Seis Nacións feminino[editar | editar a fonte]

O Torneo das Seis Nacións feminino é unha competición de rugby entre os equipos de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda, Italia e Gales.

Escocia Escocia España España Francia Francia Gales Gales Inglaterra Inglaterra Irlanda Italia Italia
Participacións 21 7 18 21 21 19 10
Campionatos 1 0 5 0 13 2 0
Grand Slams 1 0 4 0 12 1 0
Tripla Coroa 1 N/A N/A 1 16 2 N/A
Culler de pau 7 2 0 5 0 5 2

Seis Nacións xuvenil[editar | editar a fonte]

O Torneo das Seis Nacións xuvenil ou 6 Nations Junior é unha competición de rugby entre os equipos de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda, Italia e Gales, formado por xogadores menos de 20 anos.

Historia[editar | editar a fonte]

Este torneo foi creado en 2008 debido á fusión das competicións de menores de 21 e de menores de 19 anos. Os ingleses conseguiron o Grand Slam o primeiro ano da competición e na súa segunda edición, entre febreiro e marzo de 2009 a vitoria foi para os franceses, que quedaron empatados a puntos coa selección irlandesa, máis por diferenza de anotación o título foi para os Bleus, aínda que os franceses nada máis comezar o torneo perderon contra a propia selección de Irlanda.

Selección de rugby de Escocia Escocia Selección de rugby de Francia Francia Selección de rugby de Gales Gales Selección de rugby de Inglaterra Inglaterra Selección de rugby de Irlanda Irlanda Selección de rugby de Italia Italia
Participacións 9 9 9 9 9 9
Campionatos 0 2 1 5 1 0
Grand Slams 0 1 1 2 0 0
Tripla Coroa 1 N/A 1 4 1 N/A
Culler de pau 3 0 0 0 0 6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De xeito xeral, os británicos consideran a culler de pau o equipo que finalizou na derradeira posición na clasificación xeral, mentres que en Francia a culler de pau é xeralmente atribuída ao equipo que perdeu todos os seus encontros.
  2. Francia non disputou o Torneo ata 1910 e posteriormente non o disputou entre 1932 e 1939.
  3. Italia non disputou o Torneo ata o ano 2000.
Referencias
  1. http://news.bbc.co.uk/2/hi/sport/rugby_union/six_nations/612204.stm
  2. Regulamento do RBS 6 Nations Championship Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. Desprazamento de seareiros para o Inglaterra-Francia de 1977 Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Vídeo dos arquivos de ina.fr (en francés)
  4. Ireland's Call (en inglés), Land of my fathers (en inglés) e Flower of Scotland (en inglés) de YouTube
  5. Grand Slam: How did you celebrate?, de bbc.co.uk (en inglés)
  6. Swing Low, Sweet Chariot Arquivado 21 de setembro de 2008 en Wayback Machine., de anthem4england.co.uk (en inglés)
  7. (en inglés) Swing Low, Sweet Chariot. Inglaterra - Nova Zelandia 2006, de youtube.com (en inglés)
  8. A Marsellesa. Francia - Nova Zelandia 2006, de youtube.com (en francés)
  9. Plus belle "bringue" avec le XV de France, selon Philippe Sella Arquivado 24 de decembro de 2007 en Wayback Machine., de sport.france2.fr (en francés)
  10. Smith, David; Williams, Gareth (1980). Fields of Praise: The Official History of The Welsh Rugby Union (en inglés). Cardiff: University of Wales Press. p. 349, 474-380. ISBN 0-7083-0766-3. 
  11. "Farewell To Lansdowne Road As Demolition Begins". irishrugby.ie (en inglés). 17 de maio de 2007. Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  12. "Lansdowne Road" (en inglés). rugbyfootballhistory.com. Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  13. (en inglés) Stadio Flaminio Arquivado 21 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., de 6-nations-rugby.com (en inglés)
  14. "Italy may move Six Nations to Genoa". rugbyweek.com (en inglés). 20 de outubro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  15. "Italy to move Six Nations games from Rome to Florence". BBC Sport (en inglés). 1 de abril de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  16. "RBS 6 Nazioni, allo Stadio Olimpico l'Edizione 2012". Federación Italiana de Rugby (en italiano). 13 de xullo de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  17. Sportsbeat (14 de xullo de 2011). "Italy switch stadium to Stadio Olimpico". RBS 6 Nations. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2011. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  18. "French national rugby team plan to quit Stade de France". BBC Sport (en inglés). 25 de novembro de 2010. Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  19. 19,0 19,1 Moriarty, Ian (5 de xullo de 2012). "Money talks". ESPN Scrum (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  20. "Projet Stade" (en francés). Federación Francesa de Rugby. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  21. "Rugby-French federation drops plans for new stadium". Reuters (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  22. Competicións entre equipos nacionais, de answers.com (en inglés)
  23. Murrayfield Stadium Arquivado 11 de decembro de 2007 en Wayback Machine., de rbs6nations.com (en inglés) Escocia-Gales 1975, de scrum.com
  24. "Six Nations 2015 Home attendance (seleccionables todas as edicións dende 2000)" (en inglés). rugby.statbunker.com. Consultado o 13 de abril de 2017. 
  25. "Trophy" (en inglés). rbs6nations.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2017. .
  26. Cassidy, Matt (19 de febreiro de 2014). "Six Nations: Top Five Irish Triple Crown Victories" (en inglés). www.punditarena.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2017. .
  27. "This week in history" (en inglés). planetrugby.com. 20 de marzo de 2015. Consultado o 10 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  28. 28,0 28,1 Rouyer, Nicolas (1 de febreiro de 2013). "Les mini-trophées des Six Nations". Europe1.fr (en francés). Consultado o 15 de abril de 2017. 
  29. "About Us" (en inglés). RFU. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2017. 
  30. Massie, Alan (19 de febreiro de 2000). "Lamenting the sad decline of the fighting Irish". The Scotsman (en inglés). p. 31. 
  31. Ferrie, Kevin (22 de marzo de 1999). "Scotland now have quality in quantity". The Herald (en inglés). p. 1. 
  32. Walsh, David (13 de febreiro de 2005). "Scots torn apart by Irish mean machine". The Sunday Times (en inglés). p. Sport 2. 
  33. "Giuseppe Garibaldi Trophy" (en inglés). The Rugby Archive. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 15 de abril de 2017. 
  34. O'Sullivan, John (4 de febreiro de 2009). "PLANET SIX NATIONS". The Irish Times (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2017. 
  35. "France ease their way past Italy" (en inglés). rbs6nations.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 15 de abril de 2017. 
  36. "Stuart Hogg awarded 2016 RBS Player of the Championship" (en inglés). 24 de marzo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2017. 
  37. Eddison, Paul (23 de marzo de 2017). "Stuart Hogg awarded 2017 RBS Player of the Championship for the second year in a row" (en inglés). rbs6nations.com. Consultado o 16 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]