Selección de rugby de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
España Rugby
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)XV do León
EmblemaLeón
UniónFederación Española de Rugby
AdestradorPablo Bouza
CapitánMario Pichardie
Mais capsFrancisco Puertas (93)
Máis ensaiosCésar Sempere (31)
EstadioCentral (8000)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual15 (2022)
Máximo15 (2022)
Mínimo32 (2005)
Estrea internacional
España España 9−0 Italia Italia
Barcelona, España; 20 de maio de 1929
Maior vitoria
España España 90−8 República Checa República Checa
Madrid, España; 2 de abril de 1995
Maior derrota
España España 10−92 Australia Australia
Madrid, España; 1 de setembro de 2001
Copa do Mundo
Participacións1 (1999)
Mellor resultadoFase de grupos (1999)

A Selección de rugby de España é o equipo que representa á Federación Española de Rugby nos encontros oficiais organizados pola federación internacional World Rugby e pola federación europea Rugby Europe. O equipo recibe o alcume de XV do León, en referencia ó escudo da federación. Santiago Santos é o seleccionador español dende xullo do ano 2013.[1]

A selección participa anualmente no Campionato de Rugby Europe que ten lugar nos meses de febreiro e marzo, e tamén nos tests internacionais de xullo e novembro. O Campionato de Rugby Europe é a máxima competición continental a nivel de seleccións á marxe do Torneo das Seis Nacións (Inglaterra, Escocia, Gales, Irlanda, Francia e Italia) que se disputa paralelamente nas mesmas datas. O Campionato de Rugby Europe serve ademais de clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby que ten lugar cada catro anos. A selección de rugby de España acadou a súa única clasificación para a Copa do Mundo do ano 1999, sendo eliminada na fase de grupos.

A selección de rugby de España forma parte do Tier 2 ou segundo nivel do rugby internacional. En 2022 o equipo ocupa o posto 15º na clasificación mundial de seleccións de rugby.[2]

O XV do León xoga a maioría dos seus encontros como local no Central, un estadio con capacidade para unhas oito mil persoas, pertencente á Universidade Complutense de Madrid.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

A selección española xogou o seu primeiro encontro internacional o 26 de maio de 1927 en Madrid fronte a unha selección francesa, caendo por 6-66 no Estadio Metropolitano.[4] Aquel foi un encontro de exhibición no que a selección española era en realidade unha selección castelá, salientando a ausencia dos mellores xogadores cataláns, cando daquela Cataluña era a rexión de España na que o rugby estaba máis desenvolvido. O encontro non foi organizado pola entón chamada Federación Nacional Española de Fútbol Rugby, senón por membros da castelá. Os xogadores pertencían ó Athletic de Madrid, Real Madrid FC, RS Gimnástica Española e Cataluña RC. Xogaron aquel encontro: Wolf; López Bosch, San Basilio, Cavillón, Pedraja; E.Simón, Muñoz; Farando, Ferreras, Vázquez; Larrañaga, Palomino; Ganzedo, R.Simón, Candela.

O 8 de abril de 1928 disputouse un segundo encontro entre unha selección francesa e a española, nesta ocasión no Parc Lescure de Bordeos, que rematou coa vitoria local por 53-5.[5] España formou con: Garrigosa; Vázquez, Bisbal, Rues, Aiximeno; Blasco, Isart; Baides, Ferreras, Blanquet; Carreras, Aguilar; Artigas, Larrañaga, Ruíz. Ese mesmo día a selección francesa absoluta xogou en París fronte a Gales un encontro correspondente ó Torneo das Cinco Nacións, de xeito que o equipo que se enfrontou á selección española era un "equipo B", como en 1927.

É por iso polo que o primeiro encontro da selección española considerado oficial foi o xogado en Barcelona o 20 de maio de 1929, co gallo da estrea do Estadio de Montjuic, fronte á selección italiana absoluta, na que España gañou por 9-0[6] cun equipo formado totalmente por xogadores do FC Barcelona e a UE Santboiana. Xogaron aquel encontro: Vilaspasa; Bisbal, Garrigosa, Rues, Deu; Blasco, Isart; Sarda, Massoni, Baides; Carreras, Aguilar; Nubials, Ruiz, Fontanella.

Se o encontro fronte a Italia rematou coa primeira vitoria oficial da historia da selección española de rugby, a primeira derrota oficial foi a encaixada fronte a Alemaña uns días despois, o 9 de xuño de 1929, nun encontro disputado tamén en Barcelona, pero nesta ocasión no Estadio de Les Corts, e que rematou cun 15-24 a prol dos visitantes.[7] Naquel encontro xogaron: Vilaspasa; Sabrás, Bori, Garrigosa, Bisbal; Blasco, Ros; Baides, Deu, Massoni; Aguilar, Carreras; Fusté, Ruiz, Fontanella.

Palmarés[editar | editar a fonte]

España na Copa do Mundo de Rugby:

Edición Partidos Gañados Empates Perdidos Tantos anotados Tantos encaixados
Australia 1987 Non convidada
Francia 1991 Non clasificada
Suráfrica 1995
Gales 1999 3 0 0 3 18 122
Australia 2003 Non clasificada
Francia 2007
Nova Zelandia 2011
Inglaterra 2015
Xapón 2019
Francia 2023
Total 3 0 0 3 18 124

España no Campionato de Rugby Europe:

Edición División Partidos Gañados Empates Perdidos Tantos anotados Tantos encaixados Puntos Posición
2000 5 2 0 3 109 105 9
2001-02 10 3 0 7 246 247 16
2003-04 10 0 1 9 129 335 11
2004-06 8 7 1 0 364 87 23
2007-08 10 4 0 6 233 240 18
2008-10 10 2 0 8 145 304 14
2010-12 10 5 0 5 225 275 26
2012-14 10 2 2 6 159 243 15
2014-16 10 4 1 5 232 207 23
2017 5 3 0 2 91 54 13
2018 5 3 0 2 146 74 -7 Sanción
2019 5 4 0 1 127 75 18
2020 5 3 0 2 103 93 13
2021 5 2 0 3 164 109 7 Sanción
2022 5 4 0 1 170 135 12 Sanción

Xogadores[editar | editar a fonte]

Encontro entre España e os Classic All Blacks de Nova Zelandia no Estadio Metropolitano de Madrid en 2022.
Encontro entre España e Portugal no Estadio de San Lázaro en 2013.
ESPAÑA RUGBY - XV do León
Xogadores Corpo técnico
  • España Jon Zabala (c) - 1ªL
  • Thierry Futeu - 1ªL
  • España Bittor Aboitiz - 1ªL
  • España Joel Merkler - 1ªL
  • Joaquín Domínguez - 1ªL
  • España Vicente del Hoyo - Tal
  • Santiago Ovejero - Tal
  • España Manuel Mora - 2ªL
  • España Mario Pichardie - 2ªL
  • España Alejandro Suárez - 2ªL
  • España Víctor Sánchez - 2ªL
  • Francia Lucas Guillaume - 2ªL
  • Inglaterra Joshua Peters - 2ªL
  • Francia Fred Quercy - 3ªL
  • Inglaterra Matthew Foulds - 3ªL
  • Facundo Domínguez - 3ªL
  • España Ekain Imaz - 3ªL
  • Afa Tauli - 3ªL
  • Inglaterra Michael Hogg - 3ªL
  • España Asier Usárraga - 3ªL
  • Francia Gautier Gibouin - 3ªL
  • España Tomás Munilla - Med
  • España Facundo Munilla - Med
  • España Kerman Aurrekoetxea - Med
  • Estanislao Bay - Med
  • Francia Manuel Ordás - Ape
  • España Gonzalo Vinuesa - Ape
  • Bautista Güemes - Cen
  • España Álvar Gimeno - Cen
  • Iñaki Mateu - Cen
  • España Alejandro Alonso - Cen
  • Martiniano Cian - Á
  • España Jordi Jorba - Á
  • España Martín Alonso - Á
  • John-Wessel Bell - Zag
  • Federico Casteglioni - Zag
Seleccionador

Adestrador asistente

  • Miguel Velasco de la Pisa

Manager

  • José Manuel Pérez Corchado
  • Pablo Pérez Martínez

Analista de vídeo

  • Valentín Telleriarte

Preparadora física

  • Mar Álvarez Portillo

Médico

  • Carmen León París

Fisioterapeuta

  • Roberto Murías Lozano
  • Pablo Amich Martín

Xogadores con máis encontros[editar | editar a fonte]

A seguinte lista é unha relación de xogadores da selección de rugby de España que teñen participado en 50 ou máis partidos internacionais segundo o anuario actualizado que publica a Federación Española de Rugby.[8]

César Sempere, máximo anotador de ensaios do XV do León.
Xogador Posicións Data nacemento Caps
Francisco José Puertas Soto 15, 10, 14 18/11/1963 (60 anos) 93
Jaime Nava de Olano 8, 12, 14, 10 01/05/1983 (40 anos) 79
Jon Azkargorta Aretxabala 12, 13, 14, 11, 15 03/05/1963 (60 anos) 76
José Julio Álvarez Ruiz de Temiño 1 03/11/1960 (63 anos) 75
Alberto Malo Navío 6, 8, 4, 5, 7 03/04/1964 (59 anos) 74
Álvar Enciso Fernández Valderrama 12, 13, 11, 10 27/02/1974 (50 anos) 70
Pablo Feijoo Ugalde 9 18/05/1982 (41 anos) 66
Salvador Torres Ortega 12, 13, 11, 14 22/08/1956 (67 anos) 60
Jaime Gutiérrez Merelles 7, 8, 6 28/12/1967 (56 anos) 60
Fernando Martín López Pérez 1 14/03/1986 (38 anos) 60
Manuel Moriche Mostajo 10, 12 06/08/1950 (73 anos) 59
Javier Díaz Paternaín 9 17/01/1960 (64 anos) 59
Ferrán Velazco Querol 15, 13, 11, 10 23/06/1976 (47 anos) 59
Javier Salazar Lizarraga 1, 3 27/07/1977 (46 anos) 59
César Sempere Padilla 15, 13, 10 26/05/1984 (39 anos) 56
Jesús Moreno Rodríguez 3 24/01/1986 (38 anos) 53
Fernando de la Calle Pozo 2, 9 08/06/1970 (53 anos) 52
Iván Criado Garachana 8, 6, 7, 4 28/12/1979 (44 anos) 52
Sergio Souto Vidal 5, 4, 6, 8 04/11/1976 (47 anos) 51
Alfonso Mata Suárez 8, 7 14/03/1973 (51 anos) 50
Carlos Souto Vidal 6, 7, 8, 5 04/11/1976 (47 anos) 50
Javier Canosa Schack 13, 12 28/02/1983 (41 anos) 50

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]