Selección de rugby de Nova Zelandia
| Nova Celandia | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||||||||||||||||||||||
| Unión | New Zealand Rugby Union | ||||||||||||||||||||||||||
| Fundación: | 1892 | ||||||||||||||||||||||||||
| Emblema: | O Fento Prateado | ||||||||||||||||||||||||||
| Alcume: | All Blacks | ||||||||||||||||||||||||||
| Estadio: | Carece dun estadio principal | ||||||||||||||||||||||||||
| Adestrador: | Steve Hansen | ||||||||||||||||||||||||||
| Capitán: | Richie McCaw | ||||||||||||||||||||||||||
| Estrea internacional Nova Celandia 15 de agosto de 1903 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior vitoria Nova Celandia 4 de xuño de 1995 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior derrota Australia 28 de agosto de 1999 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Copa do Mundo de Rugby | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 6 (primeira en 1987) | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 1 (1987) | ||||||||||||||||||||||||||
| Tri Nations | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 13 | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 1 (9 veces) | ||||||||||||||||||||||||||
A Selección de rugby de Nova Celandia, coñecida coma os All Blacks, representa a Nova Celandia en rugby. O rugby está considerado nestas illas coma un deporte nacional[1] e ademais, o equipo ten máis vitorias que derrotas contra tódalas seleccións do mundo, incluído os British and Irish Lions (combinado de xogadores das distintas seleccións das Illas Británicas).
Nova Celandia compite anualmente con Australia (os Wallabies) e Sudáfrica (os Springboks) no Torneo das Tres Nacións, sendo campións deste torneo até en nove ocasións nos seus trece anos de historia. Ademais tamén ten no seu poder a Bledisloe Cup, pola que compite anualmente fronte Australia, nun partido incluído dentro do propio Tres Nacións. Cómpre destacar que os neozelandeses completaron en tres ocasións durante a súa historia o Grand Slam Tour (en 1978, 2005 e 2008), por vencer ás catro seleccións das Illas Británicas, as 'Home Nations, nun mesmo ano.
Nova Celandia ocupa actualmente o primeiro posto na listaxe mundial de seleccións da IRB[2] e foron nomeados Equipo do Ano da International Rugby Board (IRB) en 2005, 2006 e 2008[3]. Catorce antigos All Blacks foron incluídos no Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), un no IRB Hall of Fame.
O equipo competiu por primeira vez en 1884 contra o condado de Cumberland, en Nova Gales do Sur, e xogou o seu primeiro partido internacional en 1903 cunha vitoria fronte a selección australiana. Este encontro foi seguido por unha xira no hemisferio norte en 1905, durante a cal só perdeu fronte a Gales en Cardiff.
Os All Blacks completaron as súa primeira series cunha vitoria fronte os Springboks, os seus eternos rivais, en Nova Celandia en 1956. Unha década máis tarde conseguiron a súa meirande racha de vitorias, gañando dezasete encontros consecutivos ente 1965 e 1970. Os British and Irish Lions conseguiron a súa única vitoria nunhas series fronte Nova Celandia en 1971, mais sete anos despois os All Blacks conseguiron o seu primeiro Grand Slam, gañando a Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda na mesma xira.
Na xira dos Springboks por Nova Celandia en 1981 causáronse grandes disturbios civís polas protestas contra a política do apartheid en Sudáfrica. En 1987 Nova Celandia acolleu xunto con Australia a primeira Copa do Mundo de Rugby, competición da que saíu vitoriosa. Na primeira xira post-apartheid dos All Blacks por Sudáfrica en 1996 supuxo a primeira vitoria neozelandesa dunha serie en territorio surafricano.
Nos seus comezos os uniformes dos All Blacks consistían nun xersei negro cun fento de cor prata e pantalóns branco, mais na xira de 1905 pasou a vestir completamente de negro, polo que sen pensa que pasaron a recibir o nome de All Blacks (é dicir Todos de Negro en galego) por iso, pese a todo créese que en realidade o nome ven da dexeneración do nome All Backs (véxase Historia neste mesmo artigo). Antes do comezo dos partidos o equipo representa a tradicional haka (unha postura de baile Maorí), habitualmente a haka representada é a Ka Mate de Te Rauparah, mais dende 2005, Kapa o Pango, unha versión modificada da haka dos All Blacks de 1924, Kia Whaka-ngawari, é ocasionalmente realizada.
En 2008, Nova Celandia acadou un meritorio rexistro de vitorias en partidos internacionais de 13-2, sendo soamente derrotados por Sudáfrica e Australia durante o torneo Tri Nations.
Índice |
Historia [editar]
A tradición remóntase a 1905 cando unha selección nacional de xogadores neozelandeses realizou unha xira polas Illas Británicas primeiro, quee posteriormente estendeuse a Francia e América. Nesta xira enfrontouse contra o máis selecto dos clubs ingleses, galeses, escoceses e irlandeses de rugby, así como aos poderosos combinados nacionais. A xira durou máis de seis meses (Setembro 1905 - Febreiro 1906) e os denominados The Originals, disputaron 33 partidos, gañando 31, empatando 1 e perdendo un só partido, contra Gales. A impresión que deixaron na patria do rugby foi tan grande, que desde entón Nova Celandia foi ininterrompidamente considerada como unha das máis grandes potencias do rugby. Durante esta xira, ademais, fraguouse o nome que a día de hoxe aínda recibe a selección de Nova Celandia, os All Blacks (todos de negro). Contrariamente ao que se cre, é probábel que este nome non se deba á indumentaria que levaban os xogadores de Nova Celandia, senón á peculiar forma de entender o rugby dos seus xogadores, na que todos parecían traseiros (All Backs), dispostos a xogar "á man". Esta característica do xogo, vixente aínda hoxe en día en Nova Celandia, fai dos All Blacks un referente no rugby equivalente ao da selección de Brasil no fútbol. Co tempo, o nome se terxiversaríase e de All Backs pasaríase a All Blacks.
En Nova Celandia, ninguén era consciente que un grupo de xogadores de rugby fora a Inglaterra a demostrar as súas habilidades. A medida que os mellores clubs ingleses ían sendo derrotados por resultados escandalosos e as noticias do que sucedía ían filtrándose pouco a pouco nos xornais, un sentimento de unión nacional ao redor daquel equipo foi forxándose, chegando a converter a aqueles Originals en auténticos heroes ao seu regreso.
Ademais, o único partido perdido por Nova Celandia, ante Gales, iniciou unha das máis grandes rivalidades no rugby, posto que só 5 seleccións nacionais foron capaces de derrotar aos All Blacks nun estadio de rugby: Inglaterra, Francia, Sudáfrica, Australia e a citada Gales.
A partir de 1932[4] e na honra de Lord Bledisloe, naquel momento gobernador xeral de Nova Celandia, iniciouse unha competición entre Australia e Nova Celandia, a chamada Bledisloe Cup. Até 1981 disputouse de forma irregular, sen un calendario pre-establecido. A partir de 1981 e até 1995 xogouse de forma anual a dobre partido. A partir de 1995, e co fin da exclusión de Sudáfrica das competicións deportivas a nivel internacional, introduciuse o torneo Tri Nations, á imaxe do Torneo das Seis Nacións, pero incluíndo ás tres mellores seleccións nacionais do hemisferio sur: Australia, Nova Celandia e Sudáfrica. A Bledisloe Cup dirímese nos dous partidos entre Nova Celandia e Australia do Torneo Tri Nations.
En 1987, celebrouse a primeira Copa do Mundo de Rugby, en Nova Celandia e Australia. Os All Blacks, claros favoritos, adxudicáronse sen demasiada oposición a Copa do Mundo derrotando a Francia na final.
Os símbolos [editar]
Equipamento [editar]
A camisola actual dos All Blacks é totalmente negra, co logo de Adidas e o fieito prateado da NZRU na fronte. Na xira por Australia de Nova Celandia (a primeira xira fora das illas) o xersei que utilizaban era moi distinto ao actual, nesa época o equipo levaba unha camisola azul escuro cun fieito dourado á esquerda. En 1893 a Federación de Rugby de Nova Celandia estipulou na súa reunión anual que o uniforme sería negra co fieito prateado e pantalóns brancos.
O xersei dos neozelandeses é aínda hoxe en día considerado o xersei de rugby máis recoñecíbel[5]. Recentemente volveuse tradicional o levar unha mapoula bordada na manga nos seus partidos contra a selección francesa durante as xiras de fin de ano, para honrar aos soldados mortos que morreron nos campos de batalla en Europa. En declaración do capitán Richie McCaw:
Adidas actualmente paga á Federación de rugby de Nova Celandia 200 millóns de dólares por 9 anos, coa esperanza de que os All Blacks gañen arredor do 75% dos seus partidos[7]. Nike tamén tivo a intención de patrocinar a Nova Celandia, mais fixouse en Tiger Woods en troques[8].
O equipamento suplente foi tradicionalmente branco con pantalóns negros porén, actualmente a camisola é de cor prateado con pantalóns negros.
O himno [editar]
God defend New Zealand (en galego Deus defenda Nova Celandia) é o himno nacional de Nova Celandia, compartindo rol con God Save the Queen. A letra foi composta orixinariamente por Thomas Bracken en 1870. John Woods realizou a música en 1876e o himno foi declarado oficial en 1940.
A Haka [editar]
Os All Blacks realizan a haka (baile Maorí) antes de cada partido internacional. A haka está fortemente relacionada co rugby neozelandés dende un viaxe en 1984 a Nova Gales do Sur. Os nativos de Nova Celandia que fixeron a xira británica no ano 1889 usaron a Ake Ake Kia Kaha e en 1903 en Australia usaron unha haka burlona: Tupoto koe, Kangaru!. En 1905 comezaron a tradición de utilizar Ka Mate e en 1914 esta tradición estabeleceuse definitivamente coma parte do rugby neozelandés. En 1924 os All Blacks usaron unha haka especialmente composta Kia Whaka-ngawari, mais despois volveron á tradicional Ka Mate[9].
En agosto de 2005, antes do partido do Tri Nations entre Nova Celandia e Sudáfrica no estadio de Carisbrook en Dunedin, os All Blacks representaron unha nova haka Kapa o Pango, especialmente composta por Derek Lardelli e "...deseñada para reflectir a bagaxe multi-cultural da Nova Celandia actual — en particular a influencia das culturas polinesias"[10]. Kapa o Pango representase en ocasión especiais, non sendo unha tentativa de substituír Ka Mate. Esta haka remata co que se interpretou coma un xesto de "corte de pescozo", o que foi unha fonte controversia e que deu lugar a acusacións de que Kapa o Pango alenta a violencia, enviando unha mensaxe equivocada ao seus fans[11][12]. Porén, de acordo con Derek Lardelli, o xesto representa "o debuxo da enerxía vital no corazón e os pulmóns"[13].
En novembro de 2006, no Millennium Stadium de Cardiff, Nova Celandia representou a haka no vestiario antes do partido en lugar de no terreo de xogo inmediatamente antes do saque inicial, logo dun desacordo coa Federación Galesa de Rugby (WRU), que quería que Gales cantase o seu himno nacional, Hen Wlad Fy Nhadau, despois da haka[14].
A representación da popular Haka Ka Mate é a seguinte:
| Líder: | Ringa pakia! | Apoiade as mans nos muslos! | |
| Uma tiraha! | Sacade peito! | ||
| Turi whatia! | Dobrade os xeonllos! | ||
| Hope whai ake! | Deixade que siga a cadeira! | ||
| Waewae takahia kia kino! | Batede os pés tan forte como poidades! | ||
| Líder: | Ka mate, ka mate | Mórrome, mórrome, | |
| Equipo: | Ka ora' Ka ora' | Eu vivo, eu vivo, | |
| Líder: | Ka mate, ka mate | Mórrome, mórrome | |
| Equipo: | Ka ora' Ka ora' | Eu vivo, eu vivo, | |
| Todos: | Tēnei te tangata pūhuruhuru | Este é o home peludo | |
| Nāna i tiki mai whakawhiti te rā | ...que fixo que o sol brillase de novo por min | ||
| Upane... Upane | Subide a escala, subide a escala | ||
| Upane Kaupane" | Arriba até o final | ||
| Whiti te rā,! | O sol brilla! | ||
| He! | He! |
Estadios representativos dos All Blacks [editar]
Ao contrario que os outros equipo nacionais, os All Blacks carecen dun estadio principal para os seus partidos na casa, xogan arredor de tódolos grandes estadios de Nova Celandia, o que permite á federación non facer privilexión dunhas provincias sobre outras.
En 2005 e 2006, os All Blacks xogaron en Eden Park (Auckland), North Harbour Stadium (Albany, preto de Auckland), Westpac Stadium (Wellington), AMI Stadium (Christchurch), Waikato Stadium (Hamilton) e Carisbrook (Dunedin).
Os All Blacks xogan habitualmente nas cidades citadas, excepto en 1996 onde xogaron no McLean Park de Napier.
Rexistros [editar]
Copa do Mundo de Rugby [editar]
Participacións de Nova Celandia na Copa do Mundo.
| Edición | Organizador | Posto |
|---|---|---|
| 1987 | Campión | |
| 1991 | Terceiro | |
| 1995 | Segundo | |
| 1999 | Cuarto | |
| 2003 | Terceiro | |
| 2007 | 1/4 finalista |
Tres Nacións [editar]
Australia |
Nova Zelandia |
Sudáfrica |
|
|---|---|---|---|
| Torneos | 13 | 13 | 13 |
| Vitorias | 2 | 9 | 2 |
| Partidos xogados | 56 | 56 | 56 |
| Gañados | 23 | 39 | 21 |
| Empatados | 1 | 0 | 1 |
| Perdidos | 34 | 17 | 32 |
Rexistro de partidos [editar]
Nova Celandia ten un rexistro de máis partidos gañados que perdidos contra toda selección coa que xogou, e coa excepción Selección de rugby de Sudáfrica gañou contra todos dúas de cada tres veces polo menos. Os All Blacks gañaron 330 dos seus 443 partidos xogados, facendo unha porcentaxe de 74,49% de éxito (véxase a táboa). Por todos estes motivos Nova Celandia é o equipo con máis éxito do rugby e do mundo do deporte.
A súa diferencia de puntos conseguidos en partidos total de tódolos tempos é 11252 puntos a favor por 5497 en contra (en novembro de 2008). Esta listaxe de partidos xogados está actualizada a 30 de novembro de 2008[18].

| Opoñente | Xogados | Gañados | Perdidos | Empatados | % de vitorias |
|---|---|---|---|---|---|
| 3 | 2 | 0 | 1 | 66.7% | |
| 13 | 12 | 0 | 1 | 92.3% | |
| 132 | 88 | 39 | 5 | 66.7% | |
| 34 | 26 | 6 | 2 | 76.5% | |
| 4 | 4 | 0 | 0 | 100% | |
| 27 | 25 | 0 | 2 | 92.6% | |
| 2 | 2 | 0 | 0 | 100% | |
| 4 | 4 | 0 | 0 | 100% | |
| 46 | 34 | 11 | 1 | 73.9% | |
| 24 | 21 | 3 | 0 | 87.5% | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | 100% | |
| 32 | 25 | 6 | 1 | 77.4% | |
| 22 | 21 | 0 | 1 | 95.5% | |
| 9 | 9 | 0 | 0 | 100% | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | 100% | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | 100% | |
| 2 | 2 | 0 | 0 | 100% | |
| 5 | 5 | 0 | 0 | 100% | |
| 75 | 42 | 30 | 3 | 56.0% | |
| 3 | 3 | 0 | 0 | 100% | |
| 3 | 2 | 1 | 0 | 66.7% | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | 100% | |
| Total | 443 | 331 | 96 | 17 | 74.49% |
Rexistros de xogadores [editar]
Máis partidos coa selección [editar]
A seguinte listaxe recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección neozelandesa[19]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. En negra xogadores que seguen en activo na selección de Nova Celandia.
- Sean Fitzpatrick - 92
- Justin Marshall - 81
- Ian Jones - 79
- Tana Umaga - 74
- Richie McCaw - 72
- Andrew Mehrtens - 71
Máis ensaios [editar]
Doug Howlett é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Nova Celandia[20], o xogador, hoxe retirado, ocupa o terceiro posto na clasificación de número ensaios da historia coas súas seleccións nacionais (empatado con inglés Rory Underwood). Christian Cullen ocupa o quinto posto nesta mesma clasificación. Porén, cómpre destacar a Joe Rokocoko, que pese a súa xuventude (xogador nacido en 1983) xa ocupa o cuarto posto histórico dos All Blacks e o oitavo mundial.
- Doug Howlett - 49
- Christian Cullen - 24
- Jeff Wilson - 44
- Joe Rokocoko - 43
- Jonah Lomu - 37
- Tana Umaga - 17
Puntos [editar]
A marca de puntos marcados posúea Andrew Mehrtens con 967 puntos[21]. Este xogador, xa retirado, ocupa o cuarto posto na lista histórica internacional de puntos coa súa selección. Nesta clasificación tamén, ao igual que a Joe Rokocoko en ensaios, hai que nomear a Daniel Carter, que nacido en 1982, ocupa o segundo posto nesta clasificación, moi preto do primeiro posto, e o oitavo na clasificación mundial, con moitas posibilidades de continuar aumentando a cantidade de puntos.
- Andrew Mehrtens - 967
- Daniel Carter - 879
- Grant Fox - 645
- Carlos Spencer - 291
- Doug Howlett - 245
- Christian Cullen - 236
Notas [editar]
- ↑ Deporte, Fitness e Ocio (en inglés)
- ↑ IRB World Ranking, consultado a 2 de abril de 2009 (en inglés)
- ↑ Past Winners (en inglés)
- ↑ Non hai acordo neste punto, neozelandeses e australianos discuten sobre a orixe da Bledisloe Cup, sendo a data reclamada por neozelandeses 1932 e 1931 a dos australianos.
- ↑ All Blacks Rugby Jersey (en inglés)
- ↑ All Blacks to honour fallen soldiers (en inglés)
- ↑ God defend the All Black brand(en inglés)
- ↑ Member of the Club (en inglés)
- ↑ All Blacks' Haka (en inglés)
- ↑ New haka the cutting edge of sport (en inglés)
- ↑ Cut-throat haka does All Blacks no favours (en inglés)
- ↑ All Blacks coach slams haka criticism (en inglés)
- ↑ New haka gets public approval (en inglés)
- ↑ So just who is to blame for no Millennium haka? (en inglés)
- ↑ coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
- ↑ coa asistencia de País de Gales e Escocia
- ↑ "All Blacks Test Match Record since first test match.". allblacks.com. http://stats.allblacks.com. Consultado o 2008-11-23. (en inglés)
- ↑ SuperRugby (en inglés)
- ↑ SuperRugby (en inglés)
- ↑ SuperRugby (en inglés)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]