Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Copa do Mundo de Rugby de 1987 foi a primeira edición dos mundiais deste deporte, que se celebrou en Nova Zelandia e Australia e que gañou a primeira. Está organizada pola Asociación Internacional de Rugby (IRB).
Nesta edición viuse a gran diferenza entre as sete seleccións dos membros da IRB e o resto das seleccións, esta circunstancia apréciase en que na metade dos 24 partidos da primeira fase un equipo chegou aos 40 puntos.
Equipos participantes [editar]
Sete das 16 prazas foron adxudicadas directamente polos membros da International Rugby Board - Nova Zelandia, Australia, Inglaterra, Escocia, Éire, Gales e Francia – con Sudáfrica que non competiu debido ao boicot internacional deportivo contra o apartheid. Para decidir as nove seleccións restantes non se desputou ningunha fase clasificatoria, polo que se convidou ás seleccións de Arxentina, Fixi, Italia, Canadá, Romanía, Tonga, Xapón, Zimbabwe e os Estados Unidos. A selección de Samoa foi excluída con moita controversia, xa que xogaba mellor que algunhas das seleccións convidadas. A selección da Unión Soviética foi convidada, mais rexeitou a invitación por motivos políticos, supostamente pola presenza de Sudáfrica como membro permanente da IRB.
Participan pois na fase final tres seleccións, Inglaterra, Escocia e Gales, que non son recoñecidos internacionalmente como estados independentes. Ademais, Irlanda participa cun equipo integrado polos xogadores de Irlanda do Norte e da República de Irlanda.
Este mundial tivo as súas sedes en Nova Zelandia e, en menor medida Australia.
Fred Howard, Roger Quittenton
Guy Maurette, Rene Hourquet
Stephen Hilditch, David Burnett
Brian Anderson, Jim Fleming
Clive Norling, Derek Bevan
Kerry Fitzgerald, Bob Fordham
Keith Lawrence, David Bishop
Resultados e clasificacións [editar]
Fase de grupos [editar]
|
| Selección |
X |
V |
E |
D |
GF |
GC |
Pt |
Gales |
3 |
3 |
0 |
0 |
82 |
31 |
6 |
Éire |
3 |
2 |
0 |
1 |
84 |
41 |
4 |
Canadá |
3 |
1 |
0 |
2 |
65 |
90 |
2 |
Tonga |
3 |
0 |
0 |
3 |
29 |
98 |
0 |
Fase eliminatoria [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]