Twickenham Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Londres, Inglaterra |
| Inauguración | 2 de outubro de 1909 (1907) |
| Renovación | 2006 (última) |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 82.000 espectadores |
| Propietario | Rugby Football Union |
| Localía | Selección de rugby de Inglaterra |
| Eventos | |
O Twickenham Stadium (normalmente coñecido sinxelamente coma Twickenham ou Twickers[1]) é un estadio situado en Twickenham, en London Borough of Richmond upon Thames (municipio do Gran Londres). É o estadio máis grande de rugby do Reino Unido, sendo ampliado recentemente ampliado a 82.000 espectadores, o que o converte no segundo estadio máis grande do estado despois do novo estadio de Wembley.
O estadio é a casa da Federación de Rugby-Fútbol (Federación Inglesa de Rugby) ou RFU, e como tal é o principal lugar para a celebración deste deporte en Inglaterra. Acolle así pois á selección de rugby nos seus partidos na casa, ademais tamén acolle o Middlesex Sevens, a final da Guinness Premiership, e decotío partidos da EDF Energy Cup e da Heineken Cup. O estadio está considerado coma unha icona do rugby de inglés.
Aínda que o campo é utilizado case que exclusivamente polo rugby, no pasado foi ocupado por eventos de grande importancia coma concertos de Bon Jovi, Iron Maiden, Genesis, U2, The Rolling Stones, The Police, Eagles e máis recentemente de R.E.M..
O estadio é visíbel cando os avións se aproximan ao Aeroporto de Heathrow.
Notas [editar]
|
|||||||