Saefes
Segundo Adolf Schulten, opinión recollida por varios compoñentes da Xeración Nós, os saefes (ou sefes,ou ofis, do grego όφις, de onde tamén Ophiussa, terra das serpes) foron un pobo da Idade de Ferro que habitou o sur de Galiza e Portugal e que, mesturándose cos oestrimnios, deu orixe ao pobo galaico. Esta teoría está actualmente case desbotada por completo por afirmar que a cultura galaica xurdiu como unha lenta evolución da poboación indíxena e non por mor de invasións de pobos centroeuropeos.
Índice |
Orixe[editar]
As tribos que na Idade de Bronce aparecen na rexión do Rhin e Suíza pertencentes á Cultura dos Campos de Urnas, comezan a invadir o val do Ródano e ocupan o centro e sur da Galia, chegando á Península Ibérica arredor do 900 a.C. a través dos Pireneos.
A primeira referencia á súa presenza en Galiza achámola no poema de Rufo Festo Avieno, Ora maritima, (146 a 155) cando falando dos oestrimnios (loca et arva Oestrymnios habitantibus), narra como estes foron expulsados das súas terras por unha invasión de serpes:
| Texto latino | Texto en galego |
|---|---|
|
|
Chegada a Gallaecia[editar]
Contra o 600 a.C., os saefes chegan ao convento bracarense ocupando as beiras do río Miño, zona que contaba cunha poboación aproximada de 275.000 habitantes. Nese momento, no que Oestrimnia pasa a ser chamada Ophiussa, comeza o desenvolvemento da metalurxia do ferro e os saefes comezan a mesturarse coa poboación indíxena dando lugar a diversas tribos e clans diferenciados que, segundo Plinio, mantiñan frecuentes loitas entre eles, producíndose un gran número de baixas por mor da elevada densidade de poboación.
Cultura[editar]
Os saefes deben o seu nome aos romanos por teren a serpe como animal totémico, a cal representaba o seu poder guerreiro e o deus nacional. En Portugal vivían os Lubenos (Monção), Turodi e Nemetatos (Chaves e Braga), Luancos (Tras os Montes) e os Coelernos (Beira Alta). Entre as tribos saefes galegas destacan os Grovios, que habitaban unha zona que comprendía desde Tui ata a costa sur da ría de Arousa, os Narbasios (Ourense), os Bibali (Viana do Bolo), os Límicos (A Limia) e os Quarquernos (Baños de Bande).
O culto ofiolátrico dos saefes vén testemuñado polas representacións de serpes en varios castros de seu, como o de Baldoeiro en Trâs-os-Montes (Portugal), as do castro de Penalba, en Campo Lameiro, ou a serpe en posición heráldica do castro de Troña, en Ponteareas, habitado dende o século IV ao II a.C. (existen datacións con carbono-14).
Conta Estrabón que os celtas galaico-portugueses adoraban un deus anónimo ao que veneraban nas noites de plenilunio cantando diante das súas casas. Di, así mesmo, que eran grandes adiviños e que lera nos autores antigos que os celtas que poboaban Galiza eran ateos e adoraban as forzas da natureza.
Non obstante, autores romanos falan dun panteón galaico de máis de sesenta deuses, destacando dúas deidades supremas: Candiedo e Decertios, as dúas de carácter solar. Outros deuses eran Cariociecus ou Bodus (deus da guerra), Cosus, Aernus, Edovius (deus das augas termais de Caldas de Reis), Tameobrigus, Banduaetobrigus, Poemana (deusa adorada en Lugo) e Bandua, nome case idéntico a Bandia, a Dama Branca das mitoloxías indoeuropeas.
Este carácter indoeuropeo da cultura castrexa galega apréciase tamén nos motivos solares como trísceles, tetrásceles e esvásticas, destacando entre as representacións de esvásticas e tetrásceles os dos castros de Briteiros, Santa Trega e A Troña, e o grupo de petróglifos de Portela da Laxe (en Cotobade).
Notas[editar]
- ↑ Faise enseada ou ría
- ↑ Mar Sardum, sardo ou mar do Cardume, da xarda, da sardiña, co mesmo nome tamén o mar sardo de Sardeña - Sardigna.
- ↑ Percorrendo a costa pola terra, a Vía XIX per loca maritima.
- ↑ En grego antigo e moderno Πελοπόννησος / Pelopónnēsos, A illa de Pélope ou Pélops
- ↑ http://gl.wikipedia.org/wiki/Peloponeso
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Florentino López Cuevillas: La civilización céltica en Galicia.
- Florentino López Cuevillas: Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galiza.
- Rufo Festo Avieno: Ora Marítima* [1].