Rufo Festo Avieno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Rufo Festo Avieno foi un escritor latino do século IV.
Traxectoria [editar]
Natural de Volsinii en Etruria, procedía da familia dos Rufii Festi. Autor da Ora maritima, que se conserva fragmentariamente, que é unha descrición xeográfica das costas europeas, dende Gran Bretaña ata o mar Negro, baseado en viaxes que se poderían remontar ata o 530 a.C. En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.