Zoca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A zoca (do latín soccus) é un tipo de calzado dunha peza, xeralmente de madeira de bidueiro. Foron utilizados, e aínda seguen a utilizarse nalgúns países europeos, principalmente nos Países Baixos, Bretaña, Alemaña ou Galiza entre outros. Son empregadas como calzado protector tanto en fábricas coma no campo. En Galiza están feitas tradicionalmente con madeira de bidueiro e posúen numerosas tipoloxías, desde as vilalbesas ata as de montaña, máis semellantes ás coñecidas como "madreñas". Son consideradas como saudables para os pés.
En Inglaterra tallábanse tradicionalmente con madeira de abeneiro e foron utilizados por todas as clases nos séculos XVIII e XIX.