Queer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O movemento Queer encarna o desexo de superación das limitacións do tradicional (e controvertido) activismo do movemento LGBT. Principalmente nos Estados Unidos, Canadá e Inglaterra -durante os 70 e 80- as asociacións de dereitos civís do movemento LGBT produciran, a propósito, unha imaxe do gai positivo, aquel gai home, branco, profesional e de clase media. O Queer propúxose acabar con este estereotipo sexista, clasista e racista das relacións ligadas á sexualidade. Estando á marxe social como unha subcultura, non moi popular mesmo no medio gai. O Queer sustenta unha postura ben análoga á do anarco-feminismo, principalmente no relativo á loita pola igualdade entre sexos, á non violencia e á anti-homofobia. Obviamente, tamén se sitúa na integridade anarquista, por ese motivo, a súa tendencia á aproximación e á constante aglutinación con algúns movementos contraculturais.