Barricada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha barricada é un parapeto improvisado que se fai con barricas, carruaxes volcados, paus, pedras, etc. Serve para entorpecer o paso ao adversario e é máis empregada nas revoltas populares que na arte militar.
O seu uso remóntase ao parecer a 1588 en París, coa célebre Xornada das barricadas. Posteriormente, recurriuse a elas:
- na propia capital francesa en 1648 para derrubar a Mazarino
- en 1830, para facer fronte ás tropas de Carlos X
- nas bullangas de 1832 e 1834
- nas xornadas de febreiro e xuño de 1848 na época da Commune.
En España, erguéronse barricadas en moitas ocasións, especialmente en Madrid en 1854, coa insurrección de Vicálvaro, en 1856 e en 1866. En Barcelona, as de 1856 e en Valencia, Cádiz, Sevilla, etc as que se ergueron durante o período revolucionario.
[editar] Notas
Este artigo contén material do diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que se encontra no dominio público.