Marcel Renault
Marcel Renault, nado en París en 1872 e falecido en Payré o 26 de maio de 1903, foi un industrial e piloto de carreiras francés, coherdeiro dun importante comecio téxtil e cofundador co seu irmán Fernand do imperio da industria automobilística Renault.
Índice |
Biografía [editar]
Infancia [editar]
Naceu nunha familia da burguesía parisiense. O seu pai, Alfred Renault construíra unha sólida fortuna no comercio de teas e de botóns e súa nai Louise era filla de comerciantes ben establecidos.
O seu irmán Louis Renault era un xenio da mecánica, un dos pioneiros do automóbil, deseñou un no obradoiro familiar de Boulogne-Billancourt.
Fundación de Renault Frères [editar]
En 1899, Fernand e Marcel, ó tempo que xestionan a industria téxtil herdada de seu pai "Renault Fils, tissus en gros" fundan a sociedade Renault Frères no número 10 da Avenida du Cours en Boulogne-Billancourt achegando Marcel a metade dun capital de 60.000 francos ouro e Fernand a outra metade. Contaban cun cadro de persoal de 60 empregados para construír o vehículo concebido por Louis Renault. Marcel encárgase da administración e Fernand da comercialización, mentres Louis conságrase completamente á concepción e construción dos vehículos. No remate do primeiro ano a empresa producira e vendera 76 vehículos.
Carreiras automobilísitcas [editar]
En agosto 1899 xunto co seu irmán Louis Renault participou na carreira París-Trouville, conseguindo a primeira vitoria dunha longa serie de carreiras de localidade a localidade da época. Na súa categoría os Renault non tiveronn rival, gañando a París-Ostende, París-Rambouillet e Tolosa-París. Estes éxitos na competición déronlle a celebridade e fixeron aumentar as vendas dos seus vehículos. Participou tamén con Louis na París-Tolosa-París de 1.448 km dentro dos Xogos Olímpicos de 1900. Renault dominou a categoría dos vehículos. En 1902 gañou a París-Vienne.
Desaparición [editar]
Co seu mecánico Vauthier participou en 1903 na primeira e única edición da París-Madrid, mais sofreu un accidente o 24 de maio en Couhé-Vérac, morrendo 48 horas despois en Payré.
Galería fotográfica [editar]
-
L'usine Renault Frères a comezos do século XX
-
Publicité automobiles Renault Frères.