Samsung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samsung
Samsung Logo.svg
Ssbld002.jpg
Sede de Samsung en Seul.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1938
Localización Samsung Town, Seul, Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Fundador Lee Byung-chul
Industria Electrónica, industria pesada
Produtos Electrónica, buques, maquinaria
Beneficio 173.110 millóns de dólares (2012)
Número de empregados 369.000 (2011)
Páxina web samsung.com

Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas de Corea do Sur a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en sexal.

Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Fundada en Daegu, Corea do Sur, opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados. As súas vendas no ano 2003 foron de ao redor de 101.700 millóns de dólares (uns 86.200 millóns de Euros).

Samsung Electronics é recoñecida por ser unha das dez meirandes marcas de fabricantes no mundo; é especificamente a segunda maior produtora do mundo, tendo o primeiro lugar, a tamén coreana Hyundai; a cal ten á venda produtos de telecomunicacións, electrodomésticos e pantallas.

Foi a empresa que lanzou a primeira TV de plasma. Na área da electrónica, hoxe en día é a compañía con maior valor no mercado, gañándolle á xaponesa Sony.

Hoxe en día, é a empresa número 20 con maiores ganancias e as súas maiores ganancias están na venda de teléfonos celulares e chips de memoria.

Os teléfonos celulares Samsung utilizan as tecnoloxías celulares utilizadas polos principais operadores de telecomunicación móbil: CDMA, GSM e GPRS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]