Renault 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Renault 5
Renault 5 first generation light blue.jpg
Nome Renault 5
Construtor Renault
Empresa matriz Renault
Produción 1972-1996
Montaxe Billancourt, Francia
Valladolid, España
Mariara, Venezuela
Teherán, Irán
Ciudad Sahagún, México
Novo Mesto, Eslovenia
Antecesor Renault 4
Sucesor Renault Supercinco
Tipo Automóvil de turismo
Segmento Segmento B
Carrozaría Hatchback tres e cinco portas
Configuración Motor dianteiro lonxitudinal central / tracción dianteira
Dimensións 3.500 mm, 1.500 mm, 1.400 mm
Peso A partir de 730 kg

O Renault 5 é un automóbil compacto que se comezou a comercializar entre 1972 e 1996. Fabricado en España na factoría que Renault ten na provincia de Valladolid, o modelo tivo un grande éxito no mercado español así como en moitos outros países.

Fase 1: 1972 - 1985[editar | editar a fonte]

Renault 5 Fase 1

Foi a primeira incursión de Renault no mercado dos utilitarios pequenos, cun vehículo de tres portas sinxelo e de líña elegante.

Montaba motores de entre 850 e 1400 cc., cunha mecánica simple compartida con outros modelos da marca. A suspensión era por barras de torsión.

No 1977 lanzóse a versión GTL, máis equipada e en 1979 a carrocería de 5 portas. No 1981 sufreu un restyling interior mellorando o entorno notablemente.

Tamén existieron varias versións deportivas denominadas Alpine (1981), externamente moi similares ós modelos inferiores e con 93 CV; Copa, homólogos dos Alpine para o mercado español; e as versións Turbo 1 (1980) e Turbo 2 (1982), modelos especiais orientados á competición de produción moi limitada, co motor en posición central, e a carrocería notablemente ensanchada e alixeirada.

Fase 2: 1985 - 1996[editar | editar a fonte]

Renault 5 Supercinco

A Fase 2, denominada comercialmente como Supercinco, apareceu en 1985 cunha carrocería totalmente nova, aínda que conservando as liñas mestras do Renault 5 orixinal, novas motorizaciones e suspensións MacPherson.

Posteriormente apareceu a versión deportiva GT Turbo con 115 cv. na súa fase inicial e 120 cv. posteriormente.

Foi substituído polo Renault Clio.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]