João Pessoa
|
|
|||
| Estado | Paraíba | ||
| Superficie | 210,46 km² | ||
| Poboación Densidade |
674 971 (2007) 3.146,6 hab/km² |
||
| Fundada en | 5 de agosto de 1585 | ||
| Altitude | 47 m sobre o nivel do mar | ||
| Latitude | 7º09'28 S | ||
| Lonxitude | 34º45'54 O | ||
| Distancia de Brasilia | 2338 Km (por estradas) | ||
| Código postal (CEP) | 58.000-000 | ||
| Administración local | Prefeitura Municipal de João Pessoa Praça Pedro Américo, 70, Centro |
||
| Internet: | http://www.joaopessoa.pb.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Ricardo Vieira Coutinho | ||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste da América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste.
Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas de unha capital de estado.
É sede de unha importante universidade brasileira, a Universidade Federal da Paraíba (UFPB) e de algunhas institucións de ensino superior privadas, que atraen estudantes do estado e de estados veciños.
[editar] Historia
Unha das cidades máis antigas do Brasil, foi fundada en 5 de agosto de 1585 co nome de Nossa Senhora das Neves, e despois, nunha homenaxe ó rei Filipe II de España pasou a chamarse Filipéia de Nossa Senhora das Neves. Cando esteve baixo o dominio holandés teve o seu nome mudado para Frederikstadt. Cando retornou ó dominio de Portugal despois que este recuperou a súa soberanía, voltou a chamarse Nossa Senhora das Neves ata 1817 cando foi rebautizada como Parahyba, nunha homenaxe á enton capitanía da Parahyba, da cal tornouse capital. Este nome permaneceu despois que o Brasil independizouse (en 1822) e que tornouse unha republica, en 1889.
O nome actual, João Pessoa foi adoptado nunha homenaxe ao entón presidente da provincia da Parahyba, o politico João Pessoa, despois do seu asasinato en 1930.
|
||||||||||||||||||||
