Pedro Feijoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Feijoo
Nacemento23 de novembro de 1975
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Coñecido porOs fillos do mar, A memoria da choiva e Ninguén contará a verdade
PremiosPremio Xerais
Na rede
Facebook: pedrofeijoobarreiro Twitter: pedrofeijoo Bitraga: 4446 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos[2] como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade.[3] En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego.

En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011. En 2013 publica A memoria da choiva, novela arredor da figura de Rosalía de Castro. En 2015 cambia de rexistro con Morena, perigosa e románica, a súa novela máis cómica.[4][5] En 2017 sae Os fillos do lume, na que os mesmos personaxes de "Os fillos do mar", se enfrontan a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.[6] Para o autor está a cabalo entre a novela histórica e o suspense.[7] En 2018 publica Sen piedade, un libro terrible e dolorosamente persoal, segundo o autor.[8] Tamén en 2018 sae Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro de a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Susana Pedreira entrevista a Pedro Feijoo sobre Un lume azul na Libraría Cronopios de Pontevedra o 12/12/2019

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[24]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Certame de Relatos Curtos Os Viadutos por "O segredo do viaduto".
  • Premio Xerais no 2023 por Ninguén contará a verdade. Xa fora finalista no 2011, por Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2013, por Os fillos do mar.[25]
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva.[26]
  • 2023: XL Premio Xerais de novela por Ninguén contará a verdade.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PEDRO FEIJOO. Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2019-06-01. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-01. 
  3. "Pedro Feijoo. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2019-06-01. 
  4. Lecturafilia (2015-11-10). "Morena, perigosa e románica". Lecturafilia. Consultado o 2019-06-01. 
  5. "Crítica sobre «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo en Trafegando ronseis. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  6. "Unha novela que engancha: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Xosé Manuel Eyré. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  7. "Pedro Feijoo: «’Os filos do lume’ está a cabalo entre a novela histórica e o thriller». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  8. Ávila, Gabriel Romero de. ""«Sen piedade» é un libro terrible e dolorosamente persoal" - Vigoe.es". www.vigoe.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  9. "camiñar_o_vigo_vello. Blog Xerais". blog.xerais.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  10. Os fillos do mar na páxina web de Xerais.
  11. "Entrevista a Pedro Feijoo, autor de "Los hijos del mar". Revista de Letras" (en castelán). Consultado o 2019-06-01. 
  12. A memoria da choiva na páxina web de Xerais.
  13. Francisco (2016-07-14). "Un Lector Indiscreto: La memoria de la lluvia, de Pedro Feijoo". Un Lector Indiscreto. Consultado o 2019-06-01. 
  14. Morena, perigosa e románica na páxina web de Xerais.
  15. "Morena, peligrosa, y romántica, de Pedro Feijoo". Culturamas, la revista de información cultural. 2015-12-04. Consultado o 2019-06-01. 
  16. Os fillos do lume na páxina web de Xerais.
  17. "LOS HIJOS DEL FUEGO. PEDRO FEIJOO". casadellibro (en castelán). 2017-06-14. Consultado o 2019-06-01. 
  18. Laky (2017-07-13). "Libros que hay que leer: “Los hijos del fuego” -Pedro Feijoo". Libros que hay que leer. Consultado o 2019-06-01. 
  19. Sen piedade na páxina web de Xerais.
  20. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-12. 
  21. 21,0 21,1 "Pedro Feijoo, Premio Xerais de novela 2023". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2023-06-17. Consultado o 2023-06-18. 
  22. Nogueira, Olga (2006-04-18). "Viva o Fu Remol. Crítica positiva.". aCentral Folque 2004 - 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-01. 
  23. Camiñar o Vigo vello na páxina web de Xerais.
  24. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  25. Bragado. "Onte 649: «Os fillos do mar», premio San Clemente – Brétemas". Consultado o 2019-06-01. 
  26. asociacionescritoras-es. "Reivindicación dos mestres de Pedro Feijoo, por Manuel Bragado. Axenda cultural AELG::". Consultado o 2019-06-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]