Francisco Vázquez Vázquez
| Francisco Vázquez Vázquez | |
|---|---|
| Nacemento: | 9 de abril de 1946 (67 anos) A Coruña |
| Ocupación: | Avogado Inspector de traballo Político |
Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. No ano 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade [1]. En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, é elixido Secretario Xeral dos socialistas galegos, e forma parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, presentándose á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fora a sede das institucións autonómicas
En 1983 gañou as eleccións locais na Coruña, obtendo o maior apoio electoral nunha capital de provincia, con máis dun 60 por cento dos votos[Cómpre referencia]. Volvería a obter maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que esta última vez dun xeito bastante axustado.
Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e varias lexislaturas Senador. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia do 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en dúas ocasións.
Entre outros títulos posúe o de Cabaleiro da Orde do Imperio Británico e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido: republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía.
Destacou, pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade, e a súa feroz oposición á utilización oficial en exclusiva do nome galego "A Coruña", en contra das leis de normalización da comunidade galega.
A súa pegada na cidade da Coruña, tras 23 anos de goberno destacan as obras do Paseo Marítimo (ao que se lle puxo o seu nome despois da súa marcha da alcaldía), a rede de Museos Científicos, os Pazos da Ópera e de Congresos, o Coliseum, o Fórum Metropolitano, parques como os de San Pedro, Bens ou San Diego, barrios coma Os Rosales, Paseo das Pontes, Matogrande ou Novo Mesoiro e doutras medidas como a creación da Orquestra Sinfónica de Galicia, a da Universidade da Coruña, a Planta de Tratamento de Residuos de Nostián, así como a consecución das obras do Porto Exterior.
Algunhas das súas decisións estiveron envoltas de polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. O derrubo do Asilo Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na Dársena da Mariña, a farmacia de Adormideras, as terrazas da Praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas do ano 2005, provocando polémica esta última decisión no nacionalismo local, son boa mostra diso. Ademais outras polémicas como a do topónimo castelán, a capitalidade da comunidade autónoma ou a reclamación dunha diocese para a cidade, independente da compostelá, acompañárono de forma constante durante toda a súa traxectoria política.
O 10 de febreiro de 2006 o goberno español nomeouno embaixador no Vaticano [2], e deixou o posto na alcaldía.
En 2009 foi galardoado co Premio Fernández Latorre[3].
| Predecesor: Joaquín López Menéndez (LCU) |
Alcalde da Coruña 1983 - 2006 |
Sucesor: Javier Losada |
| Predecesor: Ningún |
Secretario Xeral do PSdG 1977 – 1985 |
Sucesor: Antolín Sánchez Presedo |
| Predecesor: Antolín Sánchez Presedo |
Secretario Xeral do PSdG 1993 – 1998 |
Sucesor: Emilio Pérez Touriño |
| Predecesor: Tomás Rodríguez Bolaños |
Presidente da FEMP 1991 – 1995 |
Sucesor: Rita Barberá |
| Predecesor: Rita Barberá |
Presidente da FEMP 2003 – 2006 |
Sucesor: Heliodoro Gallego |