Federación Española de Municipios e Provincias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) é unha asociación española de entidades locais que agrupa concellos, Deputacións provinciais e a deputación foral de Álava, Consells Insulars e Cabidos insulares.

[editar] Constitución

Ficou constituída ó amparo do disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e foi declarada como Asociación de Utilidade Pública mediante acordo de Consello de Ministros o 26 de xuño de 1985.

[editar] Sede

Constitúe a sección española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE), e é a sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).

Actualmente a súa sé oficial atópase en Madrid.

[editar] Consello Federal da FEMP

A composición actual de membros do Consello Federal da FEMP é a seguinte:

Vocais:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas