Domingos Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Domingos Rafael Merino Mexuto, nado na Coruña o 21 de xuño de 1939, é un político galego. Foi o primeiro alcalde que tivo a cidade da Coruña trala aprobación da constitución de 1978. Tamén foi deputado no parlamento galego en varias lexislaturas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos 70 comezou a súa carreira política no PSG, encabezando a lista coruñesa da coalición Unidade Galega para as eleccións municipais do 3 de abril de 1979. UG obtivo 5 concelleiros, un menos que o PSdeG-PSOE, mais é elixido alcalde a cambio do apoio de UG aos candidatos socialistas en Vigo e Ferrol.

Mantívose neste posto até marzo de 1981, cando voluntariamente decide someterse a unha moción de confianza que non chegou a prosperar, e pasa a alcaldía a mans da UCD, o 1 de abril. Trala integración de UG no BNG e posterior abandono en 1983 o PSG desintégrase: nace así o Colectivo Socialista Galego, que participará na Asemblea de Riazor que constituíu o BNG, mentres que Domingos Merino e Claudio López Garrido pasarán a liderar o PSG, que se fusionará en 1984 con Esquerda Galega para dar lugar ao PSG-EG. Chegou a ser secretario xeral deste partido e deputado no parlamento galego na terceira lexislatura dende outubro de 1991.

A principios dos 90 impúlsase, en parte dende o PSG-EG, unha nova formación tamén co nome Unidade Galega, e tralos malos resultados nas eleccións xerais e autonómicas de 1993, Merino intégrase xunto con esta formación no BNG. Polo BNG foi de novo deputado no parlamento galego na quinta e na sexta lexislatura. Dende 2005 ocupa o cargo de vicevaledor do Pobo.


Predecesor:
Berta Tapia
Escudo A Coruña.jpg
Alcalde da Coruña

1979 - 1931
Sucesor:
Joaquín López Menéndez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]