Lei de normalización lingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lei de Normalización Lingüística»)

A Lei de normalización lingüística ou Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística (publicada no DOG nº 84, de 14 de xullo de 1983) é un desenvolvemento do estatuto de autonomía de Galiza que ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso. Carlos Casares Mouriño participou na súa redacción.

Como di na súa introdución:

A lingua é a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.

Esta lei regula os dereitos lingüísticos dos galegos e o status das linguas oficiais na comunidade autónoma galega (ademais de protexer o galego exterior)

Entre as súas disposicións máis importantes figuran:

  • Artigo 1: O galego é a lingua propia de Galicia.
  • Artigo 3: Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
  • Artigo 10: 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
  • Artigo 14: 1. A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios. Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]