Xosé Luís Rodríguez Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Luis Rodríguez Pardo»)
Infotaula de personaXosé Luís Rodríguez Pardo
Nome orixinal(es) José Luis Rodríguez Pardo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
15 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Luís Rodríguez Pardo, nado na Coruña o 13 de decembro de 1936 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 2018,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou no Consello da Mocedade e na fundación do Partido Socialista Galego en 1963 e no Consello de Forzas Políticas Galegas. Foi fundador da Agrupación Cultural O Galo de Santiago (1961) e da Agrupación Cultural O Facho da Coruña (1963). Formou parte das primeiras directivas de ADEGA.

Partidario de achegarse ao PSOE formou parte con Ceferino Díaz e Fernando González Laxe do Colectivo Socialista-PSG, constituído o 2 de abril de 1978. Plasmaron o seu proxecto no manifesto coñecido como Documento dos 19, foron expulsados do PSG e integráronse no PSdeG-PSOE.

Participou na elaboración do Estatuto dos dezaseis, e nas Cortes Xerais no texto material do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi deputado pola provincia da Coruña na I lexislatura (1979-1982) e senador na II e III lexislatura (1982-1989).

Colaborou en distintos medios de prensa, como no desaparecido Xornal.com

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (13 de xuño de 2018). "Falece o socialista Xosé Luís Rodríguez Pardo, cofundador do PSG". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]