Rita Barberá
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rita Barberá | |
|
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 5 de xullo de 1991 - actualidade | |
| Precedido por | Clementina Ródenas |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 16 de xullo de 1948 (64 anos) Valencia |
| Partido | PPCV |
| Profesión | Economista e xornalista |
María Rita Barberá Nolla, nada en Valencia o 16 de xullo de 1948 é unha política española do Partido Popular e, en 2011, a alcaldesa da cidade de Valencia, na Comunidade Valenciana.
Traxectoria [editar]
É licenciada en Ciencias Políticas, Económicas e Empresariais pola Universidade de Valencia e de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Foi cofundadora do Partido Popular en Valencia e deputada nas Cortes Valencianas dende 1983. Foi elixida alcaldesa de Valencia o 15 de xullo de 1991 e reelixida nas eleccións de 1995, 1999, 2003 e 2007 nas que conseguiu a maioría absoluta.
| Predecesor: Clementina Ródenas |
Alcaldesa de Valencia 5 de xullo de 1991 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial (en castelán)