Joaquín López Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joaquín López Menéndez, nado na Coruña en 1939 é un enxeñeiro e político galego.

Enxeñeiro de camiños e xefe do servizo de vías e obras da Deputación da Coruña, elixido concelleiro como cabeza de lista pola UCD foi alcalde da Coruña trala moción de censura presentada contra o nacionalista Domingos Merino o 1 de abril de 1981.

O seu mandato caracterizouse pola reinvindicación para A Coruña da capitalidade de Galicia, chegando mesmo a declarar tres días de loito oficial en abril de 1982 e convocar unha manifestación en xuño para conseguila, pero non contou con apoios fóra da cidade. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse polo partido de ámbito local La Coruña Unida conseguindo manterse no consistorio como concelleiro.


Predecesor:
Domingos Merino
Escudo A Coruña.jpg
Alcalde da Coruña

1981 - 1983
Sucesor:
Francisco Vázquez

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas