Antolín Sánchez Presedo
Antolín Sánchez Presedo, nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formación [editar]
É Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.
Finais dos setenta e década dos oitenta [editar]
Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.
A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.
Candidatura á presidencia da Xunta [editar]
En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.
Parlamento Europeo [editar]
En 2004 regresa á política: é elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostenta na actualidade.
| Predecesor: Vicente de la Fuente García |
Alcalde de Betanzos 1983 - 1985 |
Sucesor: Manuel Lagares Pérez |
| Predecesor: Fernando Pedrosa Roldán |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1987-1989 |
Sucesor: Xosé Cuíña |
| Predecesor: Francisco Vázquez |
Secretario Xeral do PSdG 1985 – 1993 |
Sucesor: Francisco Vázquez |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha de eurodiputado de Antolín Sánchez Presedo (en castelán)