Escafoide (tarso)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Escafoide (tarso) | ||
|---|---|---|
| Escafoide, vista antero-lateral | ||
| Escafoide, vista lateral | ||
| Latín | Os naviculare | |
| Gray | tema #63 270 | |
O óso escafoide do tarso, tamén chamado navicular, é un óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso. Presenta unha estrutura cuboidea.
Superficie e insercións[editar]
- Superficie posterior: É unha zona excavada destinada á cabeza astragalina, establecendo a única enartrose do pé. Forma parte do nocello.
- Superficie anterior: Artéllase cos ósos cuneiformes. Presenta tres zonas articulares: externa, media e interna, para cada óso. As articulacións son pequenas artrodias, polo que o movemento redúcese a pequenos deslizamentos.
- Superficie interna: Forma parte do bordo interno do pé. Nela insértase o músculo tibial anterior.
- Superficie externa: Na parte posterior artéllase co cuboide.
- Superficie superior: Insírese o ligamento clave (brazo interno).
- Superficie inferior: Insírese o músculo tibial posterior e a fascia plantar media.
Articulacións[editar]
- Artigo principal: Nocello.
- Por detrás co astrágalo.
- Por diante cos ósos cuneiformes: Artrodias
- Por fóra co cuboide.