Podoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estudante de podoloxía examina a flexión dorsal do hallux.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A podoloxía é a ciencia sanitaria que ten por obxecto o estudo das afeccións e deformidades dos pés, abarcando o diagnostico e tratamento das mesmas mediante o tratamento das técnicas terapéuticas propias da súa disciplina. Practicase por podólogos que obteñen a súa titulación tras catro anos de estudos universitarios.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1955, crease a primeira Escola de Podoloxía pola Universidade de Barcelona, con obxecto de dar formación específica aos practicantes que exercían como cirurxiáns-calistas. Posteriormente, no ano 1962 crease a especialidade de Podoloxía para Practicantes e ATS volvendo a modificarse no 1998 cando se estableceron as directrices xerais dos plans de estudo para a obtención da titulación universitaria de podoloxía (Diplomatura en Podoloxía) que, coa chegada do Plan Boloña converteríase en Grao.

Campos[editar | editar a fonte]

  • Quiropodoloxía. É a parte da podoloxía adicada ao tratamento das afeccións da pel e das unllas (durezas, calosidades, úlceras...) e das unllas (unllas encarnadas, engrosadas...)
  • Biomecánica. É o estudo e valoración dos apoios do pé, tanto en estática como en dinámica, co fin de avaliar posibles patoloxías para xerar solucións capaces de reparalas ou palialas.
  • Ortopodoloxía. É a confección de elementos podolóxicos, realizados a medida de cada persoa, que teñen por obxecto a prevención, tratamento e rehabilitación das enfermidades e anomalías do sistema músculo esquelético do pé.
  • Podoloxía preventiva. Acudindo a revisións anuais pódense tratar posibles patoloxía indoloras que poden ter nefastas repercusións para a marcha e para a estática.
  • Podoloxía pediátrica. Esta rama da podoloxía está especializada no estudo e tratamento dos pés infantís. Detectando problemas na estrutura do pé e na marcha do neno pódense solucionar ou mellorar e evitar complicacións en idades adultas.
  • Podoloxía deportiva. Dedicada ao estudo, diagnóstico e tratamento de lesións provocadas nos pés debido á actividade deportiva. Utilízanse técnicas para mellorar o rendemento e evitar lesións nestes pacientes
  • Podoloxía laboral. Cada vez máis, a podoloxía esta máis especializada nas patoloxías dos pés provocadas pola actividade laboral.
  • Podoloxía xeriátrica. Área dedicada ao estudo e valoración do pé do paciente ancián. O coidado dos pés durante a terceira idade, xunto cos tratamentos ortopédicos axeitado e/ou axudas para a marcha poden mellorar a independencia do ancián, previr caídas e outros problemas asociados coa inmovilidade.
  • Pé de risco. Estudo e valoración dos doentes considerados de pé de risco, como poden ser os diabéticos, aquelas persoas con problemas circulatorios...
  • Podoloxía reumática. Estudo das alteracións reumáticas do pé para o seu tratamento.
  • Podoloxía física. Terapia que inclúe ultrasóns, estimulación eléctrica ou terapias de exercicios tales como exercicios isocinéticos deseñados para diminuír a dor e a inflamación relacionada cos problemas biomecánicos.
  • Cirurxía podolóxica. Campo da podoloxía que se encarga de solucionar moitos dos problemas dos pés, como poden ser a patoloxías ungueais, patoloxía de partes brandas ou a osteoarticular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]