Podólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Láser usado en podoloxía.

O podólogo é o profesional sanitario que prevén, diagnostica e trata os problemas do , e se ocupa do seu coidado integral e da súa relación co resto do corpo.

A estrutura e o funcionamento dos pés son moi complexos e esíxenlle ao podólogo profundos coñecementos en distintas materias, así como as habilidades e aptitudes necesarias para realizar e elaborar calquera tipo de tratamento do pé mediante os procedementos terapéuticos propios da súa disciplina.

Exercicio da profesión[editar | editar a fonte]

Para exercer a podoloxía en España e indispensable estar en posesión da Titulación Universitaria de Podoloxía e estar colexiado nun Colexio Profesional de Podólogos, habitualmente no da Comunidade Autónoma.

Funcións[editar | editar a fonte]

  • Quiropodoloxía: Tratamento das afeccións da pel (calosidades, durezas...) e das unllas (encarnadas, engrosadas...)
  • Ortopodoloxía e Biomecánica: Exploración da marcha, soletas a medida, orteses de silicona (separadores, correctores...)
  • Patoloxía do pé: Pé doloroso (metatarsalxias, esporón, neuromas...), pé reumático, pé diabético (prevención, úlceras...), infeccións (fungos, papilomas...)
  • Cirurxía do pé: Unlla encarnada, xoanetes, dedos martelo, corrección de deformidades do pé...

Actividade diagnóstica[editar | editar a fonte]

O podólogo ten acceso ás probas complementarias tanto para chegar a un diagnóstico certo, como para realizar un seguimento axeitado das patoloxías (probas biomecánicas, de raios X, analíticas, etc.).

Aplicación de tratamentos[editar | editar a fonte]

O podólogo ao diagnosticar as enfermidades dos pés ordena os tratamentos das devanditas patoloxías de acordo co estado da ciencia actual, para iso instaura:

  • Tratamentos farmacolóxicos: o artigo 77.1 da Lei 29/2006 de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, modificada pola Lei 28/2009, sinalan ao médico, odontólogo e o podólogo como únicos profesionais con facultade para receitar medicamentos.
  • Tratamentos ortopodolóxicos: o Anexo do Real Decreto 542/1995 ordena ao ortopeda atender a receita do médico e do podólogo.
  • Tratamentos de cirurxía podolóxica: de acordo coas especificacións dos plans de estudo vixentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]