Calcáneo
| Calcaneus | ||
|---|---|---|
| Articulación subtalar | ||
| Calcáneo esquerdo, superficie lateral | ||
| Latín | Os calcis | |
| Gray | tema #63 263 | |
O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboidea, con seis caras.
Índice |
Cara superior [editar]
Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: postero-externa e antero-interna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcáneo-cuboideo superior, o ligamento chave e o músculo plantar.
Cara inferior [editar]
Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcáneo-cuboideo inferior.
Cara posterior [editar]
Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.
Cara anterior [editar]
Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto, na articulación calcáneo-cuboidea.
Cara interna [editar]
Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibio-calcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.
Cara externa [editar]
É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.