Miso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
As variedades de miso en mercado en Quioto

En xaponés, a palabra miso (味噌, みそ) significa "fonte do sabor".

O miso é unha pasta aromatizante fermentada e moi sabrosa, feita con sementes de soia e/ou cereais e sal mariño. Considerouse durante séculos como un alimento curativo na China e o Xapón, e hoxe as investigacións modernas revelan que non se trabucan.

Contén enzimas vivas que axudan á dixestión e subministran un equilibrio nutritivo de carbohidratos naturais, aceites esenciais, vitaminas, minerais e proteínas. Como boa fonte de proteínas e vitamina B, tamén axuda a limpar o corpo das radiacións e da nicotina. O miso sen pasteurizar pode reconstruír a flora intestinal que fose destrozada por dietas de alto contido en carnes, azucre, produtos químicos e antibióticos.

Na elaboración dun miso de primeira calidade, a soia orgánica é inoculada cun cultivo e incubase durante setenta e dúas horas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]