ratiopharm Ulm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ratiopharm Ulm
Información xeral
Liga BBL
Alcume Die Spatzen (Os esquíos)
Fundación 2001
Cores                Negro, branco, laranxa
Adestrador Eslovenia Jaka Lakovič
Patrocinador ratiopharm
Spass Mascota
Localización
Cidade Alemaña Ulm, Alemaña
Pavillón Arena Ulm/Neu-Ulm
Capacidade 6 000
Inauguración 9 de decembro de 2011
basketball-ulm.com

O ratiopharm Ulm é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ulm, Baden-Württemberg. O club posúe dous equipos, un profesional que xoga na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e outro xuvenil que xoga na NBBL (Nachwuchs Basketball-Bundesliga). O pavillón onde xoga os seus partidos como local é o Arena Ulm/Neu-Ulm, que conta con capacidade para 6 000 espectadores. Desde a súa fundación o club está patrocinador pola compañía farmacéutica Ratiopharm.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado no ano 2001 despois de que o anterior equipo da cidade de Ulm, o SSV Ulm 1846, se declarara insolvente e deixara a liga. Tras xogar na segunda división durante cinco anos, o equipo ascendeu á Basketball Bundesliga en 2006.

Na tempada 2011-12 rematou na segunda posición por detrás do Brose Baskets. Ambos os dous equipos chegaron á final dos playoffs, onde o Brose Baskets resultou gañador, tras levarse a serie por 3-0. Á tempada seguinte, rematou a tempada regular na terceira posición e chegou a semifinais dos playoffs.

Temporadas[editar | editar a fonte]

Tempada División Liga Posición Playoffs Copa Competicións europeas
2001–02 2 2. BBL 7
2002–03 2 2. BBL 3
2003–04 2 2. BBL 2
2004–05 2 2. BBL 2
2005–06 2 2. BBL 1 Ascenso
2006–07 1 BBL 12
2007–08 1 BBL 12
2008–09 1 BBL 5 Cuartofinalista
2009–10 1 BBL 13
2010–11 1 BBL 14
2011–12 1 BBL 2 Subcampión Terceiro lugar
2012–13 1 BBL 3 Semifinalista Subcampión Cuartos de final da Eurocup
2013–14 1 BBL 6 Cuartofinalista Subcampión Oitavos de final da Eurocup
2014–15 1 BBL 5 Semifinalista Cuartofinalista
2015–16 1 BBL 7 Subcampión Last 32 da Eurocup
2016–17 1 BBL 1 Semifinalista Cuartofinalista Top 16 da Eurocup
2017–18 1 BBL 10 Terceiro lugar Liga regular da Eurocup
2018–19 1 BBL 6 Cuartos de final Oitavofinalista Top 16 da Eurocup
2019–20 1 BBL 10 Semifinalista Semifinalista Eurocup (cancelada)
2020–21 1 BBL 6 Semifinalista Semifinalista Liga regular da Eurocup

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]