Lingua córnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Córnico")
Córnico
Kernewek
Falado en: Reino Unido (Cornualles)
Rexións: Europa
Total de falantes: 3.500 aprox.
Familia: Indoeuropea
 Linguas célticas
  Linguas britónicas
   Córnico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é lingua oficial pero está recoñecida como lingua minoritaria no Reino Unido
Regulado por: Cornish Language Partnership
Códigos de lingua
ISO 639-1: kw
ISO 639-2: cor
ISO 639-3: cor
SIL: CRN
Texto en córnico.

A lingua córnica (en córnico: Kernewek) pertence ao grupo das linguas britónicas dentro das linguas celtas (O britónico tamén inclúe o galés, bretón, o extinguido cúmbrico e quizais o ivérnico). O gaélico escocés, irlandés e manx pertencen ao grupo Goidélico. O córnico comparte o 80% do seu vocabulario básico co bretón. O córnico empregouse como lingua falada ata finais do século XVIII sendo a súa derradeira falante nativa Dolly Pentreath, e foi revivida outra vez no século XX. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico, e aproximadamente uns 500 que o falan de maneira fluída.

Comparacións lingüísticas[editar | editar a fonte]

Córnico Galés Bretón Galego
Kernewek Cernyweg Kernewveureg Córnico
gwenenen gwenynen gwenanenn abella
kador cadair kador cadeira
keus caws keus queixo
yn-mes y ffordd allan/mas er-maes saída
koedha cwympo kouezhañ caer
gaver gafr gavr cabra
chi ti casa
gweus gwefus gweus beizo
aber aber, genau aber boca (río)
niver rhif, nifer niver nome
perenn gellygen, peren perenn pera
skol ysgol skol escola
megi mygu mogediñ fumar
sterenn seren steredenn estrela
hedhyw heddiw hiziw hoxe
hwibana chwibanu c'hwibanad asubiar

Frases comúns[editar | editar a fonte]

Córnico IPA Galego
Myttin da 'mitten dah' "bos días"
Dydh da 'dith dah' "bo día"
Fatla genes? 'fat lah genez' "que tal?"
Yn poynt da, meur ras 'in point dah, murr raz' "ben , grazas"
Py eur yw hi? 'pee urr you hee' "Que hora é?"
Ple'ma Rysrudh, mar pleg? 'play mah rizrooth, marr plek' "Por favor, onde está Redruth?"
Yma Rysrudh ogas dhe Gambron, heb mar! 'ima rizrooth ogas the Gambron hep marr' "Claro! ,Redruth atópase preto de Camborne"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua córnica.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lingua córnica
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Córnico.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Linguas célticas modernas
Chwe Chenedl Geltaidd syml.png
Celtas
Britónico
(Celta P)
Goidélico
(Celta Q)
Flag of Brittany (Gwenn ha du).svg
Flag of Cornwall.svg
Flag of Wales 2.svg
Flag of Ireland.svg
Flag of the Isle of Mann.svg
Flag of Scotland.svg
Bretón · Córnico · Galés | Irlandés · Manx · Gaélico escocés
Ccross.png
Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas