Vannes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°39′21.24″N 2°45′37.08″W / 47.6559000°N 2.7603000°W / 47.6559000; -2.7603000

Vannes
COA fr Vannes 56.svg
Escudo de Vannes
Mapa
Canton de Vannes(Position).png
Información
País Flag of France.svg Francia
Rexión Flag of Brittany (Gwenn ha du).svg Bretaña
Departamento Blason56.PNG Morbihan
Superficie 32,3 km²
Poboación 52.983 h. (2007 est.)
Densidade 1.640,3 h/km² (2007 est.)
Alcalde David Robo (dende o 2011, reelixido en 2014)

Vannes, en bretón Gwened e en galó Van, é un concello francés situado na costa sur de Bretaña. Está situada na Baixa-Bretaña e é a prefectura do departamento do Morbihan. Centro económico e destino turístico, cunha poboación de 52.683 habitantes (2007), é a quinta cidade de Bretaña. A cidade está construída en anfiteatro no fondo do golfo de Morbihan. A cidade antiga está rodeada de murallas e agrúpase ao redor da catedral San Pedro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vannes está situada no sur-centro da Bretaña, na ribeira norte do golfo de Morbihan, no estuario da Marle. Pódese dicir que é á vez unha cidade do interior e da costa, pois está na beira do golfo de Morbihan e dista 15 km do océano Atlántico.

Vannes desenvolveuse ao redor do centro histórico que se encontra na confluencia de tres colinas: a colina do Mené onde está a parte intra-muros da cidade, a colina de Boismoreau onde está o barrio Saint-Patern e a colina de Garenne onde están a prefectura e a sede do conseil géneral do Morbihan.

A porta Saint Vincent, principal porta de entrada da cidade antiga, queda xunto ao porto deportivo ao que se accede por un canal de 1.500 m até a ponte de Kérino.

Clima[editar | editar a fonte]

Vannes benefíciase cun clima oceánico, caracterizado por invernos suaves e choivosos e veráns frescos e relativamente húmidos. A media é de 1.829 horas de sol ao ano.

Comunicación[editar | editar a fonte]

Xa na antiguidade Darioritum estaba situada na estrada do Océano, vía romana que unía Lyon e Brest. A capital dos venetas era unha encrucillada importante de onde saían seis vías romanas, cara Locmariaquer (na entrada oeste do golfo de Morbihan), Hennebont, Corseul, Rennes, Rieux e Arzal, con desvío até Port-Navalo (na entrada leste do golfo). Na actualidade encóntrase na encrucillada entre o eixe Nantes-Brest, formado pola A82 que a conecta coas principais cidades da Bretaña: Brest, Quimper, Lorient, Saint-Nazaire e Nantes. Rennes, a capital administrativa da rexión de Bretaña, está a 114 km. A estación de tren, construida en 1862.

Historia[editar | editar a fonte]

A vila galorrománica Darioritum foi fundada a finais do século I ane, na elevación de Boismoreau, dominando a ría e organizada ao redor dun amplo forum, centro administrativo e político do territorio véneto. O porto situado na parte baixa da vila favorecía a actividade comercial da ‘‘civitas’’. A finais do século III a construción dun castro impónse sobre a elevación veciña de Mené.

A principios do século V pasa a chamarse ‘‘Venetis’’, nome procedente dos venetas, galos vencidos por César en 56 ane. Durante moito tempo escribiuse ‘‘Vennes’’ e ‘‘Gwened’’ en Bretón.

Nos séculos XII e XIII iniciouse a reconstrución da catedral, a edificación da ‘‘cohue’’[1] o mantemento da muralla... estruturándose unha rede viaria ao redor destes grandes edificios.

Tras o conflito dinástico que arrasa Bretaña na segunda metade do século XIV os duques da familia de Monfort escollen Vannes como lugar de residencia. O duque Jean IV (1365-1399) mandou construír o castelo de Hermine e ampliar o recinto urbano que pasou así de cinco a dez hectáreas, estendéndose cara o porto. A finais da idade media Vannes era unha das principais cidades de Bretaña.

En 1485 o duque François II crea en Vannes o primeiro parlamento de Bretaña. As sesións celébranse en Château Gaillard.

En 1488 o exército do duque François II é vencido polo exército francés en Saint-Aubun-du-Cornier, preto de Rennes. Os sucesivos matrimonios da súa filla, a duquesa Anne, cos reis de Francia Charles VIII e Louis XII intentaron pór fin á independencia de Bretaña. Pero en Vannes, en agosto de 1532, o rei François I reuniuse cos parlamentarios bretóns para decidir un tratado de Unión Perpetua que foi ratificado algúns meses máis tarde no castelo de Plessis-Macé en Anjou.

Entre 1675 e 1689 o exilio do parlamento de Bretaña, forzado a abandonar Rennes por Vannes, deu impulso a novas construcións, sobre todo na parte sur da cidade amurallada.

Alcanzou o rango de prefectura do Morbihan en 1791.

Na segunda metade do século XIX dous factores provocaron a urbanización do extrarradio: a chegada do ferrocarril en 1862 e, despois de 1870, a instalación de dous reximentos de artillería. Constrúense novos edificios públicos (prefectura, casa do concello). Despois da segunda guerra mundial iniciouse un forte crecemento.

Ensino[editar | editar a fonte]

  • A Universidade de Bretagne-Sud, creada en 1995, ten un campus en Vannes.[2]

Monumentos e sitios históricos[editar | editar a fonte]

Vannes ten a gategoría de Cidade de Arte e Historia e alberga numerosos monumentos e lugares culturais de primeiro orde. Conta con 272 monumentos clasificados ou inscritos no inventario dos monumentos históricos. O concello é unha cidade florida[3], obtivo catro flores en 2008 e a distinción Gran Premio na clasificación 2007 no certame das cidades e vilas floridas.

As casas do casco vello[editar | editar a fonte]

As típicas casas do casco antigo da cidade, as máis antigas do século XV, mostran a arquitectura característica da idade media, coas súas fachadas de palla-barro con entramados de vigas de madeira á vista.

O castelo de Hermine[editar | editar a fonte]
A Catedral Saint-Pierre[editar | editar a fonte]

Clasificada como monumento histórico dende 1906. Foi reconstruida no século XV sobre o emprazamento da primitiva catedral románica. A fachada occidental, de estilo neogótico, foi reconstruída no século XIX.

As murallas[editar | editar a fonte]
A Cohue[editar | editar a fonte]

Eventos culturais e festividades[editar | editar a fonte]

  • Festi’Vannes, festival de música fundado en 2002. Desenvolvese nos bares do centro da cidade durante o mes de abril, aberto a todos os estilos de música.
  • Semaine du Golfe, festa marítima que ten lugar cada dous anos a semana antes da Ascensión nos concellos do litoral do Golfo de Morbihan.
  • Feira do libro de Bretaña, en xuño, nos xardíns das murallas, creado en 2008.
  • Festas históricas de Vannes, en xullo, recreando os grandes períodos da historia da cidade.
  • Jazz en Vannes, en xullo-agosto, festival de música jazz creado en 1980.
  • Festas de Arvor, en agosto, poñen en valor a cultura bretoa.
  • Festival O mar en imaxes, exposición de fotos mariñas.
  • Motocultor Festival, a finais de agosto

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Personaxes ligados á cidade[editar | editar a fonte]

  • San Patern (?-475), primeiro bispo de Vannes, un dos sete santos fundadores de Bretaña.
  • Vicent Ferrer (Valencia 1350 - Vannes 5 de abril 1419). Monxe dominicano canonizado en 1455. As súas reliquias están na catedral de Vannes.[4]
  • Alain Resnais, nado en Vannes o 3 de xuño de 1922, director e guionista de cinema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na idade media esta palabra é utilizada no oeste de Francia para nomear os lugares de mercado.
  2. Université de Bretagne-Sud
  3. Ville fleurie
  4. Catedral de Vannes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sitio oficial do Concello de Vannes

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]