Lingua africáner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Africáner
Afrikaans
Pronuncia: Africáner (Afrikáans)
Falado en: Sudáfrica e Namibia
Rexións: África Austral
Total de falantes: 6,5 millóns (materna)
e 10 millóns máis (non materna)
Familia: Indoeuropea
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sudáfrica
Regulado por: Die Taalkommissie
Códigos de lingua
ISO 639-1: af
ISO 639-2: afr
ISO 639-3: afr
SIL: AFK

O africáner é unha lingua xermánica occidental que se fala principalmente en Sudáfrica e Namibia
ISO/DIS 639-3: afr

Falantes[editar | editar a fonte]

Falan o africáner como lingua materna 6.200.000 persoas, ademais en Sudáfrica pode haber 4.000.000 que o teñan como segunda ou terceira lingua. O 60% dos brancos surafricanos e o 50% dos mestizos teñen o africáner como lingua materna

  • Sudáfrica 5.811.547 (censo 1996)
  • Namibia 146.000
  • Cimbabue100.000 (ou uns poucos milleiros)
  • Botswana 6.000

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

En Sudáfrica o africáner fálase na Cidade do Cabo e en toda a metade occidental do país ademais das cidades de Pretoria, Xohanesburgo e Bloemfontein.

En Namibia a Constitución de 1990 garante ao africáner o status de lingua nacional, aínda que non é oficial como si o era antes da independencia. Aproximadamente o 25% da poboación de Windhoek ten o africáner como lingua materna.

En Cimbabue existía unha comunidade africáner importante, pero a maioría emigraron despois de 1980, e actualmente descoñécese o seu número. En Malaui e Zambia hai pequenas minorías de lingua africáner.

En Botswana fálase no distrito de Ghazi e na vila de Takatokwane, no distrito de Kweneng.

Como resultado da emigración actualmente existen colonias falantes de africáner en Australia (Perth), Nova Zelandia, en Canadá (Vancouver e Toronto), Arxentina, Reino Unido (Londres), Estados Unidos, Países Baixos e Bélxica.

Dialectos[editar | editar a fonte]

  • Africáner do Cabo Oriental (Oosgrensafrikaans), base da lingua estándar
  • Africáner do Cabo (Kaaps Afrikaans)
  • Africáner do Río Orange (Oranjerivierafrikaans).

Orixe[editar | editar a fonte]

Orixinariamente o africáner é unha variedade local do neerlandés que se desenvolveu na colonia neerlandesa da Cidade do Cabo despois que a Compañía Holandesa das Indias Orientais establecera alí unha colonia en 1652, aumentada con emigración de holandeses, alemáns e franceses entre os séculos XVIII e XIX, esa poboación europea mesturouse coa poboación local bantú e khoisan, así como con poboación procedente das colonias holandesas de Asia.

Á lingua local denominouse inicialmente holandés do Cabo (Taal Dutch), houbo tamén outras linguas crioulas que influíron no desenvolvemento do africáner: o Orange Rivers Afrikaans (ou Kleurling Afrikaans) falada por europeos mesturados con falantes de linguas khoisan, nama e outras poboación africanas (os seus falantes coñecíanse como griqua ou koranna). Os Rehobot Basters era unha poboación rural descendente de homes holandeses e mulleres khoi que falaban un crioulo semellante. O cabo malaio era a variedade africáner falada pola poboación islámica descendente de malaios.

A mutua interferencia do africáner con estas outras variedades crioulas levou á a unha grande regularidade da gramática. O holandés do Cabo diverxía ademais do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas, aínda que comparte o 85% do léxico co neerlandés.

Gramática[editar | editar a fonte]

O africáner presenta unha forte simplificación gramatical comparada co neerlandés, non distingue xéneros gramaticais nos substantivos, o plural indícase mediante o morfema -e, (neerlandés -en, -n, -s, -'s) e posúe un único artigo, die.

Non presenta inflexión verbal, hai que colocar o pronome antes para saber quen fai a acción.

Conta con 15 vogais, e é unha das poucas linguas xermánicas en empregar a dobre negación: Hy kan nie Afrikaans praat nie. (literalmente El pode non africáner falar non.)"

Historia[editar | editar a fonte]

O africáner considerouse un dialecto do neerlandés ata comezos do século XX, lingüisticamente aínda está próximo ao holandés (dialecto neerlandés) que se falaba nas provincias de Holanda do Norte e Holanda do Sur no século XVII, e por extensión ao neerlandés moderno.

O holandés do Cabo diverxía do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas.
Arnoldus Pannevis (1838-1884) foi un reverendo neerlandés considerado o pai do africáner, á súa chegada a Sudáfrica deuse de conta que a lingua difería considerablemente do neerlandés, e puxo os alicerces para que fose considerada unha lingua diferente.

Despois da guerra boer de 1899-1902 produciuse un movemento de reivindicación política da lingua que deu como resultado que en 1925 o goberno da Unión Sudafricana oficializara o africáner, en substitución do holandés. A máis grande asociación de defensa do africáner fundouse en Cidade do Cabo o 19 de agosto de 1930, a Afrikaanse Taal- en Kultuurvereniging(ATKV), aínda que ao seu primeiro mitin só acudiron 33 persoas, ao ano seguinte xa tiña 30 seccións locais.

En 1933 publicouse a tradución completa da Biblia.

En 1976 a intención do goberno surafricano de establecer o africáner como lingua vehicular das escolas negras en substitución do inglés provocou disturbios en Soweto que chamou a atención internacional sobre o réxime do apartheid. A Constitución de 1994 proclama o africáner unha das once linguas oficiais do país, malia iso o inglés cada vez actúa máis como lingua pública.

En 1996 a SABC reduciu as emisións de televisión en africáner, como reacción en 1999 fundouse unha televisión de pago en africáner (KykNet) con moito éxito

Escrita[editar | editar a fonte]

Ao primeiro os falantes de africáner escribían en neerlandés estándar, pero arredor de 1850 o africáner comeza a se utilizar en folletos relixiosos ou políticos, pero aínda considerado un dialecto rexional. En 1856 aparece o primeiro libro en africáner, era un libro relixioso islámico en alfabeto árabe, escrito na variedade africáner coñecida como cabo malaio ou africáner do Cabo.

En 1875 creouse a Genootskap vir Regte Afrikaanders (Sociedade dos verdadeiros Africáners) que publicou moitos libros en africáner, incluíndo gramáticas, dicionarios, material relixioso e historias, e elaborou unhas normas baseadas nos dialectos falados polos brancos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua africáner.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Afrikaans.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]