Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Deportes de la CAM
Palacio de Deportes (Madrid) 02.jpg
España Palacio de Deportes de la CAM
Datos
Localización Madrid, España
Construción
Inauguración 1960/2005
Estadio
Capacidade 15.000 espectadores
Propietario Comunidade de Madrid
Eventos

O Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid (do castelán: Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid) é un pavillón polideportivo cuberto da Cidade de Madrid, España. Ten capacidade para 15.000 espectadores en partidos de baloncesto e de 14.000 para balonmán.

Historia[editar | editar a fonte]

O antigo edificio, construído en 1960, foi destruído por un incendio en 2001. Os arquitectos Enrique Hermoso e Paloma Huidobro proxectaron un novo pavillón estilo High-Tech que foi construído no mesmo lugar entre 2002 e 2005.

O pavillón acolleu dous eventos de gran importancia de baloncesto dende a súa reapertura, o Eurobasket 2007 e a final da Euroliga do ano seguinte. Tamén acolleu a Copa do Rei de baloncesto de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]