Claudio Abbado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claudio Abbado, nado en Milano o 26 de xuño de 1933, é un director de orquestra italiano.
Traxectoria [editar]
Estudou piano no conservatorio de Milán co seu pai Michelangelo Abbado, e dirección con Hans Swarowsky na Academia de Música de Viena. Debutou en La Scala de Milán en 1960 do que foi director musical e artístico entre 1968 e 1986), da Orquestra Sinfónica de Londres (1979-1989), da Ópera do Estado de Viena (1986-1991) e da Orquestra Filharmónica de Berlín (dende 1989). En 1987 creou en Viena a Xove Orquestra Gustav Mahler.