Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.
Estación de ferrocarril de Ribadeo, liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón, vista dende a ponte da LU-P-5207.

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz[1].

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cudillero. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Un automotor da Serie 2700 de FEVE cruzando a ponte sobre a Ría de Viveiro.
Estación de Pravia, construída en inicio para a Sociedad General de Ferrocarriles Vasco Asturiana.
p.k. 244,9, entre as estacións de Soto de Luiña e San Cosme, vía única con travesa de formigón sen electrificar.

Idea e Planificación[editar | editar a fonte]

Pequeno viaduto, sobre a ría de Foz.

A idea de construír un ferrocarril entre Ferrol e Xixón tivo efecto no 1886, cando o Congreso dos Deputados aprobou o primeiro proxecto, co fin de concetar os cuarteis de artillaría de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias pola costa cantábrica. O proxecto foi incluído no 'Plan de Ferrocarriles Secundarios' de 1888, aínda que as obras tardarían en comezar.[3]

No 1906 apróbase a lei de ferrocarrís estratéxicos e secundarios, con inclusión do proxecto como de vía estreita (1 m).

Por discrepancias sobre o trazado, en particular no occidente de Asturias,[4] obras non comezan ata 1921, a cargo do Estado Español.

Construción[editar | editar a fonte]

As vicisitudes políticas dos anos 1920, 1930 e 1940 atrasaron ata 1956 a inauguración dotramo, entre Avilés e Pravia,[5] previo acordo coa compañía que explotaba o Ferrocarril de Carreño, que tiña a concesión de explotación entre Avilés e Xixón.

As obras continuaron na zona galega, rematando coa inauguración do tramo (Viveiro-Vegadeo) en 1968.

Antes inauguráronse en 1962 o tramo Pravia-Luarca e tramos na zona galega, quedando para 1972 o tramo final, Luarca-Vegadeo.

Así, pasaron 86 anos do primeiro proxecto aprobado (1886) á súa inauguración (1972), coa variación total, entremedias, das necesidades de tráfico xeral e estratéxicas que o impulsaron.[6]

Vía do ferrocarril Ferrol-Xixón preto de Ribadeo
Vía do ferrocarril Ferrol-Xixón preto de Ribadeo (a ponte visible está no km 145, Dompiñor, Piñeira, Ribadeo, mirada en sentido quilométrico decrecente)

A construción do ferrocarril supuxo grandes obras de fábrica (pontes, viadutos, túneles,...) para salvar a complicada orografía da costa cantábrica, en particular, na zona asturiana. Foi necesario construír 110 túneles e 27 viadutos, nunha liña de lonxitude total de 320 km con 47 estacións. O seu custo total, en 1972, foi 4 250 millóns de pesetas.[3]

Posta en marcha de tramos[5]:

1/10/50 Xixón-Aboño 7 km
11/09/56 Pravia-Avilés 24 km
1/02/62 Ferrol-Mera 46 km
13/09/62 Luarca-Avilés 58 km
4/10/64 Mera-Ortigueira 8 km
23/06/66 Ortigueira-Viveiro 33 km
21/06/68 Viveiro-Vegadeo 67 km
6/09/72 Vegadeo-Luarca 58 km

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Co paso do tempo, a falta de mantemento trasladouse ó número de accidentes observados. Coa chegada do século XXI e o empeoramento dos servizos foi callando a idea de que se procuraba a supresión da liña, o que ten preovocado diversas iniciativas e mobilizacións, co mantemento en 2017 e 2018 de diversas xuntanzas a nivel político[7]. A finais de 2018 a empresa ten comunicado a ampliación do número de maquinistas e a adquisición de novas máquinas, se ben non é a primeira vez que o fai[7], coa idea de evitar o uso de transportes alternativos (mesmo hai contratado un servizo de taxis a tal fin, pola cantidade de fallos no sistema que ten habido[8])

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gómez Martínez, J. A.: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo
  2. "Feve se integra en Renfe y Adif". Europa Press. Consultado o 21/10/2017. 
  3. 3,0 3,1 Ferrocarril estratégico de Ferrol a Gijón. Grupo de Trabajos Ferroviarios.[1] Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
  4. El ferrocarril de Ferrol a Gijón. La Nueva España. Diario independiente de Asturias.[2]
  5. 5,0 5,1 "O tren Ferrol-Xixón fai medio século entre a resistencia e o desleixo: "Temos sorte de que aínda exista"". Praza Pública. 2022-09-10. Consultado o 2022-09-11. 
  6. Los ferrocarriles de vía estrecha de Asturias. El Comercio Digital
  7. 7,0 7,1 "Solo un alcalde de A Mariña asistió a la reunión en Ferrol sobre el futuro del tren". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-13. Consultado o 2018-12-13. 
  8. "Renfe dedica 27.420 euros al pago de taxis por averías de Feve". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-21. Consultado o 2018-12-13. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Horarios de trens na liña Ferro-Xixón: http://www.renfe.com/GA/viajeros/feve/index.html