WilliamsF1
| Nome completo | Williams F1 |
|---|---|
| Bandeira coa que compite | |
| Base en | Grove, Oxfordshire, Reino Unido |
| Xefe de Equipo | Frank Williams Adam Parr |
| Director Técnico | |
| Pilotos | 16. 17. |
| Pilotos de probas | |
| Chasis | Williams FW35 |
| Motor | Renault Sport F1 |
| Pneumáticos | Pirelli |
| Debut | Gran Premio de Arxentina de 1978 |
| Carreiras | 592 |
| Campionatos de Construtores | 9 (1980, 1981, 1986, 1987, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997) |
| Campionatos de Pilotos | 7 (1980, 1982, 1987, 1992, 1993, 1996, 1997) |
| Vitorias | 114 |
| Pole positions | 127 |
| Voltas Rápidas | 131 |
| Puntos totais | |
| Clasificación en 2009 | |
WilliamsF1 Team, coñecido anteriormente como Williams Grand Prix Engineering, é un equipo de Fórmula 1 fundado e dirixido por Sir Frank Williams e Patrick Head. Debido ós seus éxitos, é considerado un dos tres grandes equipos da Fórmula 1 xunto con Ferrari e McLaren.
Frank Williams fundou o equipo en 1977, logo de dous intentos de dirixir dous equipos anteriormente. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.
Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en {{F1|1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.
As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas temporadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte de esa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.
A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e súa morte no Gran Premio de San Mariño, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, mais non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.
A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.
Índice |
Década de 2000 [editar]
Motores BMW [editar]
Na tempada de Fórmula 1 de 2000 o equipo cambiou de fornecedor de motores, que a partir de entón pasa a ser BMW. Neste ano Williams fixo unha tempada regular logrando 36 puntos e o 3° lugar no campionato de construtores.
Na tempada de Fórmula 1 de 2001 cun coche mais desenvolvido xunto cos motores BMW, o equipo quebra un xexún de 4 anos sen vitórias na F1, ca vitória de Ralf Schumacher no GP de San Mariño, logra 80 puntos e repite o 3° lugar da tempada anterior.
Nas tempadas de 2002 e 2003 conquista o subcampionato de construtores. En 2004, Patrick Head fai un proxecto revolucionário, maís o coche non se mostra competitivo e frustra as expectativas de título do equipo que polo menos cerra a tempada cunha vitoria de Juan Pablo Montoya no GP de Brasil, esa foi a última tempada da dupla Montoya e Ralf co equipo. Para a tempada de Fórmula 1 de 2005 son contratados Mark Webber e Nick Heidfeld, fan unha tempada regular, mais Williams e BMW rematan rompendo o seu contrato.
Motores Cosworth [editar]
Ca rotura de Williams con BMW, na tempada de Fórmula 1 de 2006 Cosworth convertese no novo fornecedor de motores. O equipo fai unha pésima tempada logrando apenas 11 puntos e o 8° lugar no campionato de construtores. A dupla de pilotos son Mark Webber e Nico Rosberg.
Motores Toyota [editar]
En 2007 asinan un acordo para ter os motores Toyota polo menos ata 2009. Ca asociación con Toyota, o equipo se reergueu do fracaso de 2006, formando unha nova dupla de pilotos con Alexander Wurz substituindo a Webber, que marchou para RBR, e mantendo ao alemán Nico Rosberg. O ano foi bo, acadando un pódio con Wurz, no acidentado GP de Canadá, e un total de 33 puntos e o cuarto lugar no campionato de construtores, despoís da descalificación de McLaren. No último GP do ano, o de Brasil, o xaponés Kazuki Nakajima ocupou a praza de piloto titular deixada por Wurz, que había anunciado sua retirada no Gran Premio anterior.
Williams comezou 2008 como a quinta forza da categoría, detrás de Ferrari, McLaren, BMW Sauber e Renault. O início foi prometedor, con Nico facendo un podio na estrea da tempada, e Nakajima rematando sexto. Pero na segunda carreira o equipo vai mal con Nico 12° e Nakajima 15°. Nas carreiras seguintes o equipo perdeu posicións con Renault e Toyota e ata con STR e RBR no campionato, e continuou decepcionando ao non pasar o seu mellor resultado de dous sétimos lugares e chegar na maioría das veces debaixo da décima posición. No entanto o equipo conquistou un pódio novamente con Nico 2º e Nakajima 8º no histórico primeiro Gran Premio nocturno de Singapur. Ao término da tempada, o equipo ficou na oitava posición do campionato de contrutores con 26 puntos, 17 de Nico e 9 de Nakajima.
En 2009 mantén aos pilotos Rosberg e Nakajima; e como piloto de probas ao alemán Nicolas Hülkenberg, sendo contratado o mozo angolano Ricardo Teixeira. Foi uma tempada consistente e lixeiramente mellor que 2008. Com 34´5 puntos, o equipo terminou en sétimo lugar, aínda que as boas carreiras de Rosberg se contrapuñan coas febles actuacións de Nakajima, que non acadou ningún punto.
O 20 de novembro o equipo anunciou a venda da parte minoritária do equipo a unha compañia de investimentos austríaca liderada por Toto Wolff.[3][4]
Década de 2010 [editar]
Para a tempada de 2010 o equipo contratou a Rubens Barrichello, de 37 anos, para pilotar o novo ccoche cun motor Cosworth, xuntamente co novato piloto alemán Nico Hülkenberg, de 22 anos, campeón da GP2 en 2009 e ata entón piloto de probas. Para piloto de probas, foi confirmado o finlandes Valtteri Bottas. O equipo terminou o mundial en sexto lugar no campionato de construtores e Frank Williams chegou a afirmar que o equipo non ficou satisfeito co resultado do modelo FW32.[5]
En 2011 o equipo confirmou a Rubens Barrichello[6] e Pastor Maldonado[7] como pilotos titulares e mantivo a Valtteri Bottas como piloto de probas.[8] A tempada de 2011 foi a pior da historia de Williams, o equipo terminou o campionato detrás de todos os equipos competitivos da categoria, ficando apenas diante das pequenas escuderías HRT, Virgin e Caterham.
En xullo de de 2011, o equipo anunciou que voltaria a utilizar motores Renault para a tempada de 2012.[9][10]
O 17 de xaneiro de 2012, o piloto brasileiro Bruno Senna foi anunciado como titular para a tempada 2012, sustituindo a Rubens Barrichello.[11] O equipo obtén os mellores resultados no início da tempada e voltou a conquistar unha pole position e unha vitória, co venezuelano Pastor Maldonado no Gran Premio de España, que é tamén primeira vitoria de Williams desde o Gran Premio de Brasil de 2004. Ao redor de 90 minutos logo da celebración desta vitoria, produciuse un incendio no garaxe da escudería Williams, danando o FW34 de Bruno Senna e deixando sete persoas no hospital. O equipo finalmente logrou a oitava posición no Campionato de Fórmula Uno do Mundo de Constructores.
O 28 de novembro de 2012, Maldonado foi contratado polo equipo para 2013 e estará acompañado por Bottas, promovido desde o seu papel de piloto de probas.[1]
Resultados de Williams na Fórmula 1 [editar]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Elizalde, Pablo (28 November 2012). "Williams confirms Valtteri Bottas and Pastor Maldonado for 2013". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/104630. Consultado o 28 November 2012.
- ↑ http://www.williamsf1.com/team/profiles/
- ↑ Williams vende parte da equipe a companhia de investimentos austríaca Globoesporte.com
- ↑ Williams vende parte das ações Hoje em Dia
- ↑ Ano não agrada Williams, 6ª: "Carro não era bom" Tazio
- ↑ http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350
- ↑ http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350
- ↑ "Williams anuncia contratação de Bottas para piloto de teste". 2010-01-29. http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=3042.
- ↑ "Renault fornecerá motores para a Williams em 2012 e 2013". http://esporte.ig.com.br/automobilismo/f1/williams+voltara+a+usar+o+motor+renault+em+2012/n1597063260871.html.
- ↑ "Renault fornecerá motores para a Williams em 2012 e 2013". http://www.totalrace.com.br/site/noticia/2011/07/williams-retoma-parceria-com-a-renault-a-partir-de-2012.
- ↑ "Bruno Senna assina contrato com a Williams e fica no lugar de Rubinho". http://globoesporte.globo.com/motor/formula-1/noticia/2012/01/bruno-senna-assina-contrato-com-williams-e-fica-no-lugar-de-rubinho.html.