Doris Day
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doris Mary Ann von Kappelhoff, máis coñecida como Doris Day , nada en Evanston (Ohio) o 3 de abril de 1924, é unha actriz cantante e defensora dos dereitos dos animais de nacionalidade estadounidense.
[editar] Traxectoria
Foi unha das actrices máis prolíficas durante os anos 50 e 60. Capaz de cantar, bailar e interpretar papeis tanto de comedia como dramáticos, foi unha das grandes estrelas de Hollywood contra mediados do século XX e está considerada un dos mitos do cinema norteamericano.