Aurora Rodríguez Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurora Rodríguez Carballeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1879 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ciempozuelos, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocióloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHildegart Rodríguez Carballeira Editar o valor em Wikidata
ParentesPepito Arriola (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Aurora Rodríguez Carballeira, nada en Ferrol o 23 de abril de 1879 e finada en Ciempozuelos (Madrid) o 28 de decembro de 1955, foi unha muller galega que pasou á historia por ser a nai de Hildegart, un experimento científico que ela concibiu como "a muller do futuro", a quen ela mesma asasinou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que adoitaba mentir sobre a súa idade, e circulan moitas versións, crese que naceu en 1879, na casa familiar da rúa Madalena. Sempre se laiou da carencia dunha educación formal para ela, o que puido ser unha das razóns aducidas para que a súa filla completase o labor para o que Aurora non estaba preparada. Supliu esa carencia con lecturas da biblioteca de seu pai, Francisco Rodríguez Arriola, de ideas liberais e progresistas, fundamentalmente de socialistas utópicas.

A súa irmá Josefa tivo un fillo de solteira e deixouno ao coidado de Aurora, quen tiña daquela 16 anos. Esta educouno até se converter no neno prodixio Pepito Arriola. Este axiña foi reclamado por súa nai e levado a Madrid onde, segundo Aurora, tivo un enorme éxito. Porén, a familia de Pepito di que nunca se separou de súa nai. Este suceso afondou as súas ideas reformadoras e a prol da euxenesia, amais da súa preocupación polos dereitos da muller. Isto levouna a concibir o proxecto de criar unha muller en condicións óptimas que chegase a ser un exemplo das súas ideas.

Logrou atopar un pai que nunca puidese reclamar a criatura. A profesora Rosa Cal estableceu con fundamento que se trataba dun cura castrense de Lleida chamado Alberto Pallás, con quen tivo, como "colaborador fisiolóxico", tres "encontros carnais" (sempre segundo Aurora). Cando estivo segura do embarazo marchou a Madrid para darlle á súa filla a vida que lle tiña preparada.

Imaxe do xuízo a Aurora Rodríguez Carballeira pola morte da súa filla[1]

O experimento inicialmente cumpriu as expectativas de Aurora: Hildegart converteuse nunha personalidade internacional. Con todo, a liberdade en que fora educada levaríaa a un profundo compromiso político e a separarse de súa nai. Aurora, inspirada polo medo a perder a Hildegart, derivado dunha suposta conspiración para estragar a súa "escultura de carne", asasinouna mentres a moza durmía. Nunca se arrepentiu do seu acto e repetiu que volvería facelo. Foi condenada a 26 anos de cárcere, que cumpriu na maior parte no hospital psiquiátrico de Ciempozuelos (Madrid).

Inicialmente críase que desaparecera durante a Guerra Civil española. Porén, cando se atopou o seu historial en 1977, sóubose que realmente morrera de cancro no antedito centro o 28 de decembro de 1955.

Obras inspiradas na súa vida[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart) de Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual.
  • Aurora de sangre o la virgen roja de Rafael Azcona, Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán.
  • Auroras Anlaß de Erich Hackl, Zürich, 1987.
  • La virgen roja de Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987.
  • La madre de Frankenstein de Almudena Grandes, Tusquets, 2020.

Cinema[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]