Antonio Bonet Correa
Antonio Bonet Correa, nado na Coruña en 1925, é un catedrático e historiador da arte galego, presidente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dende decembro de 2008 e catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid.
Formado na Universidade de Santiago de Compostela, entre 1951 e 1957 traballou como lector en La Sorbonne e profesor de Historia da Arte na Universidade de París. Regresou a España en 1958, sendo sucesivamente profesor na universidade madrileña, catedrático de Historia da Arte na Universidade de Murcia, na de Sevilla e na Complutense de Madrid. Desenvolveu o seu labor tamén como director do Museo de Belas Artes de Sevilla, e é autor de numerosas obras e artigos científicos e crítico de arte nos diarios El Correo de Andalucía e ABC.
Dende 1986 é membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En decembro de 2008 substituíu na presidencia da Academia a Ramón González de Amezúa.
[editar] Notas
- Antonio Bonet, nuevo director..., El País, 15 de decembro de 2008 (en castelán).