Benxamín Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo, é un ex-político galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Licenciado (1962) e doutorado (1967) en Enxeñería Agrónoma pola Universidade de Madrid. En 1970 acadou tamén a licenciatura en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988). Membro do grupo Brais Pinto, foi conselleiro de Enerxía e Industria (1978-79) e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985) como galeguista histórico polo PSdeG.

Foi vicepresidente da Editorial Galaxia, é director da Gran Enciclopedia Galega desde 2003. Escribiu artigos na Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

[editar] Obra

  • A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, Xunta de Galicia).
  • Achegamento á Minería Galega (1979, Xunta de Galicia).
  • A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, Seminario de Estudios Galegos).
  • A Galicia campesina (1984, editorial Galaxia)
  • O campo galego (1992, O Correo Galego).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas