De luns a venres
De luns a venres é o primeiro xornal de distribución gratuíta redactado integramente en lingua galega.
Índice |
[editar] Características
Cunha tiraxe de 50.000 exemplares[1], que o sitúa no posto 30º a nivel estatal en difusión e no 3º a nivel galego[2], esta publicación do Grupo Progreso distribúese desde finais de 2006 os días laborables (de aí o seu nome) nas sete principais cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
O xornalista lugués Alfonso Álvarez Riveiro dirixe o xornal, con sede en Santiago. A redacción está formada por un equipo de xornalistas coordinados por Martín García Piñeiro, mentres que a dirección comarcal corre a cargo de Pedro Rodríguez Blanco.
A partir da creación do xornal electrónico Galiciae, en 2007, a web de De luns a venres foi integrada neste novo medio.
Desde o 1 de decembro de 2008 agrupouse co xornal ADN, tamén de distribución gratuíta[3].
[editar] Notas
- ↑ http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=87&idNoticia=111072 O Grupo El Progreso lanza un novo diario gratuíto en galego
- ↑ http://lv.galiciae.com/nova/86837.html Terceiro diario galego en difusión
- ↑ "Alianza estratégica ADN-LV en Galicia", artigo en www.adn.es, 26 de novembro de 2008.