Baldomero Cores Trasmonte

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Baldomero Cores)

Baldomero Cores Trasmonte é un xornalista, sociólogo e escritor galego.

Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983). Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.


[editar] Obras

  • Sociología rural de Galicia, 1973
  • Sociología política de Galicia, 1976
  • Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976
  • La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977
  • O libro negro da Galicia electoral, 1978
  • La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981
  • Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983
  • Los Símbolos gallegos, 1986
  • Dereito autonómico de Galicia, 1987
  • Ciencia e galeguidade na II República, 1989
  • Teoría política e comunicación social, 1993
  • A constitución da galeguidade, 1995
  • Ramón de la Sagra, 1998
  • Os senadores da Universidade de Santiago, 1998
  • Santiago de Compostela, a gran panorámica, 2000
  • Ramón de la Sagra e Galicia, 2003
  • Unha viaxe pola rúa do Vilar, 2003
  • Enrique Rajoy Leloup: un protagonista do autonomismo galego, 2005
  • Luís Porteiro Garea, 2005

[editar] Fonte

Entrevista a Baldomero Cores

Ferramentas persoais