Franz Joseph Haydn
| Joseph Haydn | |
![]() Joseph Haydn retratado por Thomas Hardy. |
|
| Nome completo | Franz Joseph Haydn |
| Data de nacemento | 31 de marzo de 1732 |
| Lugar de nacemento | Rohrau, |
| Data de falecemento | 31 de maio de 1809 |
| Lugar de falecemento | Viena, |
| Instrumento(s) | Clavicémbalo, piano |
| Alcume/s | Papa Haydn |
| Parella/s | Maria Anna Keller |
Franz Joseph Haydn, nado en Rohrau an der Leitha o 31 de marzo de 1732 e finado en Viena o 31 de maio de 1809, foi un compositor austríaco.
Índice |
Biografía [editar]
Naceu no seo dunha familia humilde. Tras pasar polo servizo de varios grandes señores austríacos, en 1761 entrou na casa do príncipe Esterházy, onde realizaría a maior parte da súa carreira de compositor. En 1790, cando era un célebre autor, o príncipe autorizouno a que puidese aceptar outros traballos, e froito disto son obra soma as sinfonías de Londres ou de París.
Características da súa obra [editar]
As súas obras presentan un equilibrio clásico, pero están construídas con elementos progresistas da época. É considerado coma o "pai da sinfonía", non por ser o creador senón por fixar o esquema de sonata. Sintetizou os estilos italiano, alemán e francés, e revalorizou o contrapunto, que se atopaba en decadencia por mor do auxe do melodismo da escola italiana.
Obra [editar]
Sinfonías [editar]
Foi o autor máis prolífico neste xénero en toda a historia da música, conservándose cento catro das súas sinfonías. As primeiras presentan unha forte influencia da sonata da chiesa. Entre 1766 e 1774 compuxo as sinfonías do seu período Sturm und Drang (tormenta e paixón), movemento literario que anticipa o Romanticismo. A partir de 1780, Esterhazy interesouse máis pola ópera bufa, e Haydn apenas compuxo música instrumental para el, polo que as sinfonías deste momento fíxoas para encargos exteriores, coma as sinfonías París. Unha vez abandoou o príncipe, destacan as doce Sinfonías de Londres (entre as que se inclúe a súa derradeira sinfonía) que avanzan o estilo das primeiras de Beethoven, discípulo seu.
Música vocal [editar]
Cultivou practicamente todos os xéneros, tanto relixiosos coma profanos. Dentro da música relixiosa, destacan as súas misas, os oratorios A Creación, As estacións ou As sete palabras de Cristo na Cruz. Haydn tamén compuxo para todos os xéneros dramáticos: ópera seria, ópera bufa e singspiel. Parte destas obras desapareceron no incendio dun teatro de Esterházy en 1776.
