Marianne von Martinez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarianne von Martinez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 1744 Editar o valor em Wikidata
Viena Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1812 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austríaco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora , pianista , musicóloga , cantante , mecenas Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFranz Haydn, Nicola Porpora (pt) Traducir, Johann Adolph Hasse (pt) Traducir e Giuseppe Giovanni Battista Bonno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiNicolo Martines (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 9eef0e9f-6ef3-44c5-bc60-a98f7beae94b Discogs: 4703137 IMSLP: Category:Martinez,_Marianne Editar o valor em Wikidata

Mariana Martínez ou Marianne von Martinez, nada o 4 de maio de 1744 en Viena e finada o 13 de decembro de 1812 en Viena, foi unha compositora, cantante e intérprete de teclado, de familia de orixe española. Foi discípula de Joseph Haydn, quen a chamaba «a pequena española».[1] Probabelmente sexa a compositora máis citada do seu tempo, foi ela quen tomou a grande escala as formas musicais da súa época e levounas máis aló do que se creu eran as habilidades dunha muller.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marianna naceu nun edificio da Michaelerplatz en 1744 sendo bautizada co nome de Anna Caterina.[3] Xa de maior, optou por utilizar o nome de Marianna.

O avó de Marianna, por lado paterno, era un soldado de orixe española instalado en Nápoles. O seu pai, Nicolo Martinez, nado en Nápoles cara ao ano 1689, iniciou unha carreira militar que o levou a loitar en Alemaña a favor de Carlos VI. Unha vez que se atopaba en territorio alemán coñeceu a Maria Theresia, nai de Marianna, con quen casou. Nicolo atopou finalmente un posto para servir na Nunciatura de Viena, a embaixada papal no imperio austríaco, como Mestre di Camera.[4] Os pais de Marianna instaláronse en Viena entre os anos 1729 e 1732. Cara a 1735 residían no terceiro piso da Michaelerhaus, un grande edificio na Michelerplatz de Viena, e alí compartiron vivenda con Pietro Trapassi, máis coñecido como Metastasio, grande amigo de Nicolo Martinez desde a súa mocidade. A planta inferior do edificio estaba ocupada pola familia Esterhàzy e o piso intermedio ocupábao Nicola Porpora. No ático aloxouse durante algúns anos o mozo Joseph Haydn, que foi asistente e alumno do mestre Porpora.

Debido á intervención de Metastasio, que puido advertir o talento musical de Marianna, a moza empezou a tomar leccións de teclado con Joseph Haydn e de canto con Nicola Porpora. Marianna tamén recibiu leccións de composición de Johann Adopph Hasse e do compositor da corte imperial Giuseppe Bonno. Non só recibiu leccións de música senón que puido ter, de novo en parte grazas ao interese de Metastasio, unha boa educación xeral.[5]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Dado o seu precoz talento Marianne Martínez actuaba para a corte imperial desde a súa nenez. En palabras de Helene Wessely “atraía a atención coa súa marabillosa voz e forma de tocar o teclado”.[6] Xa adulta foi reclamada para actuar en moitas ocasións pola emperatriz María Teresa.[7]

A súa forma de tocar o clavecín foi comparada na súa época coa de C.F.E. Bach e chegou a ser admitida na Accademia Filarmonica di Bologna no ano 1773.

Gran parte da produción da súa obra compoñena pezas para voz e os seus principais biógrafos (Godt, Wessely) conxeturan que poderían tratarse de pezas que compuña para ser interpretadas por ela mesma. De ser isto certo, estas pezas contituirían unha evidencia da súa gran capacidade vocal xa que conteñen moitas pasaxes de coloratura, saltos de grandes intervalos e trilos, o que indicaría que posuiría unha excelente técnica vocal.

Martinez escribiu algunhas cantatas seculares e dous oratorios con texto italiano escritos polo seu amigo Metastasio. Entre as composicións que chegaron até hoxe atopamos catro misas, seis motetes e dous oratorios, unha colección de cantatas, tres sonatas e un concerto para teclado e unha sinfonía).

A súa terceira misa foi estreada na Michaelerkirche, preto da residencia dos Martínez, en 1761. O seu oratorio Isacco figura del redentore foi estreado o 17 de marzo de 1882 na Tonkünstler-Societät xusto a obras de J. Haydn, W. A. Mozart, L. Beethoven e G. F. Haendel coa presenza dos solistas Caterina Cavalieri e Ludwig-Fischer.[8]

Tanto Marianna como a súa irmá coidaron do poeta Metastasio até a súa morte en 1782 e el deixou as súas posesións en herdanza á familia Martinez, recibindo Marianna 20.000 floríns, o seu clavecín e a súa biblioteca musical. As irmás Martínez acollían na súa casa semanalmente eventos musicais que atraían os mellores músicos da cidade. Asiduos a estas veladas foron J. Haydn, o tenor irlandés Michael Kelly ou W. A. Mozart, que escribiu as súas sonatas a catro mans para ser interpretadas precisamente xunto a Marianne.

Aínda que a súa carreira musical foi moi activa e causaba grande admiración a súa habilidade interpretativa nunca chegou a exercer oficialmente como intérprete ou compositora. Na sociedade da época non era un traballo ben visto para alguén da súa condición social.

Marinanne Martinez morreu o 13 de decembro de 1812 e foi enterrada no cemiterio de San Marx.

Legado[editar | editar a fonte]

En anos recentes foron publicadas varias das súas obras. As súas sonatas para teclado (en Mi maior, en Sol maior e en La maior) poden adquirirse a través da editorial Hildegard. A editorial alemá Furore-Verlag, especializada en obras realizadas por compositoras, publicou tamén algunhas das súas composicións incluíndo o concerto para teclado en La maior, Dominus Dixit (para solistas coro e orquestra), In exitu Israel tamén para solistas, coro e orquestra,) Psalm 112 (para coro e orquestra) ou a súa cuarta misa para coro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia de la Sinfonía. Mariana Martinez
  2. Midgette, Anne (4 de junio de 2008). "The Women of Mozart's Day" (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  3. Godt 1995, 540
  4. Godt 2010,
  5. Godt 1995, 541
  6. Wessely, New Grove, "Marianne von Martinez", online edition cited below
  7. Godt 1995, 538
  8. Pohl (1856:60)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RAH - Mariana de Martínez
  • Godt, Irving, "Marianna in Italy: The International Reputation of Marianna Martines," The Journal of Musicology, vol. XII/4, 1995, páxs. 538–561.
  • Godt, Irving, "Marianna in Vienna: A Martines Chronology", The Journal of Musicology, vol. XVI/1, 1998, páxs. 136–58.
  • Godt, Irving (John A. Rice, ed.), Marianna Martines: A Woman Composer in the Vienna of Mozart and Haydn (Rochester, NY, University of Rochester Press, 2010) (Eastman Studies in Music).
  • Harer, Ingeborg, "Martines, Marianna von", Die Musik in Geschichte und Gegenwart, (Kassel: Bärenreiter, 2004), Personenteil vol. 11, 1188-89.
  • Jackson, Barbara Garvey. "Musical Women of the Seventeenth and Eighteenth Centuries." En Women and Music: A History, ed. Karin Pendle, 54-94. Bloomington: Indiana University Press, 1991.
  • Neuls-Bates, Carol, ed. Women in Music. Boston: Northeastern University Press, 1996.
  • Pendle, Karin. “Marianne von Martinez.” En Historical Anthology of Music by Women, ed. James Briscoe, 88-89. Bloomington: Indiana University Press, 1987.
  • Pohl, Carl Ferdinand (1871) Denkschrift aus Anlass des hundert-jährigen Bestehens der Tonkünstler-societät, im Jahre 1862 reorganisirt als "Haydn", Witwen und Waisen-Versorgungs-Verein der Tonkünstler in Wien. Vienna.
  • Wessely, Helene. “Martinez, Marianne von,” Grove Music Online ed. L. Macy (Acceso o 27 de xaneiro de 2007)Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.