Confederación Africana de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federacións rexionais da CAF

A Confederación Africana de Fútbol é o organismo internacional que reúne ás asociacións nacionais de fútbol do continente africano, encárgase de administrar e controlar as diferentes competicións de selección e de clubs que teñen lugar no continente. Tamén é coñecida co seu acrónimo CAF.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A CAF é unha das 6 confederacións que compoñen a FIFA. As características do continente (o seu forte empobrecemento, falta de recursos económicos e infraestruras, etc.) foron unha grande eiva para o desenvolvemento do fútbol na rexión que enlixou en parte a imaxe desta confederación ao longo dos anos, a pesar dos grandes xogadores e seleccións que teñen saído do continente africano. Porén esta imaxe está a mudar nos últimos anos, tamén en parte grazas ao apoio da propia FIFA, ao aumentar o número de prazas que esta confederación ten nos Mundiais de Fútbol, subindo a 5 na edición de 1998 e a 6 na de 2010. Precisamente esta última edición do mundial, a desenvolver en 2010 será unha grande proba para o continente xa que por primeira vez na historia será un país africano, a República Sudafricana, a encargada de organizar o evento.

A confederación foi fundada o 8 de febreiro de 1957, no Khartún, Sudán, polas federacións nacionais de Exipto, Etiopía, Sudáfrica e Sudán. A súa sé permaneceu uns poucos meses en Khartún, até que un incendio afectou ao edificio, obrigando ao traslado á cidade do Cairo. O primeiro Secretario Xeral foi Youssef Mohammad e o presidente foi Abdallah Salem. Na actualidade a confederación está composta de 55, 53 coma membros de pleno dereito e a Illa de Reunión e Zanzíbar coma asociados. O actual presidente da Caf é Issa Hayatou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]